Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 50 anos. Casado con Ramona Blanco Fernández; tiveron tres fillas e un fillo: Esther, Fernanda, Clementina e Luis-Ángel. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e acadou o título no ano 1913. Mestre en Toro, Ponteareas, Corme, Baio (en 1923), Ardagán (Santa María de Marrozos, Santiago de Compostela) e, en 1936, de Ameneiro (San Xoán de Calo, Teo). Pai de Fernanda Barcia Blanco, sancionada.
Militante do PSOE e da UXT. Presidente do Comité Local da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela e directivo da Federación de Entidades Socialistas. Presidente no ano 1936 da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela. Fundador da Federación de Traballadores da Ensinanza (FETE) de Galicia.
Pasou pola cadea por mor da súa participación na folga xeral revolucionario de outubro de 1934.
Fuxido. Depurado. Executado. Sancionado.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República en Santiago de Compostela e que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.
Detivérono os golpistas o día 21 de xullo e deixárono en liberdade ao día seguinte por un erro administrativo.
Agachado na casa da súa curmá, Dolores Barcia Pérez, na rúa San Pedro, en Santiago de Compostela.
Xulgárono en consello de guerra en Santiago de Compostela, na causa 196/36, e declarárono fuxido e en rebeldía.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.
Atopárono nun rexistro o día 15/07/1937. A Dolores e ao seu fillo Juan Ameneiro Barcia procesáronos por estes feitos.
Xulgado o día 19/11/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.
O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.
Fusilado no cemiterio de Boisaca.
En 1941 os seus herdeiros tiveron que pagar unha sanción económica.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.