Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 28 anos. Casado. Veciño de Santiago de Compostela. Funcionario municipal no Concello de Santiago de Compostela na II República.
Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa cidade.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Executado.
Formou parte, como representante de ER, no Comité de Defensa da República en Santiago de Compostela fronte aos sublevados; moi activo na resistencia dos días 18, 19 e 20 de xullo.
Os franquistas detivérono aos poucos días do golpe armado.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela, o día 19/11/1936, polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono no cemiterio de Boisaca.
Nesta operación represora fusilaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna por ferida de arma de fogo.
Soterrárono no cemiterio de Boisaca.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.