Nacemento:
Morte:
Editor, impresor e político, 40 anos. Casado en setembro de 1920 con María de los Dolores Miramontes Matos; sen fillos. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). En 1909 emigrou á República Arxentina con 14 anos, volvendo dous anos máis tarde. A súa familia tiña unha fonda na Praza de María Pita, na Coruña.
Na Coruña era propietario da Imprenta Lar e en Santiago de Compostela tivo a imprenta Nós, editando A Nosa Terra, Ser, Claridad, El Momento e os cadernos do Seminario de Estudos Galegos, entre outras publicacións.
Xa na Coruña foi un dos líderes fundadores das Irmandades da Fala en 1916, xunto a Alfredo Somoza Gutiérrez e que serían xermolo do Partido Galeguista (PG), nado en 1931. Un dos fundadores da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Ao apreciar o abandono do autonomismo, promoveu a aparición dun partido nacionalista galego, o Partido Galeguista (PG) en decembro de 1931.
En 1931 trasladouse a Santiago de Compostela, elixírono concelleiro nas eleccións municipais de 1936 polo PG, dentro da Fronte Popular (FP) e nomeárono alcalde por maioría absoluta; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Deputado provincial e vicepresidente da xestora da Deputación Provincial da Coruña e da Comisión pro-Estatuto. Formou parte da comisión que o día 16/07/1936 entregou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) nas Cortes Españolas, polo que se achaba en Madrid ao producirse o golpe militar.
Formou parte da loxa masónica Libredón.
Por desacordos coa política de Santiago Casares Quiroga, dimite como alcalde compostelán o día 07/07/1936 con varios concelleiros máis e substituíuno José Germán Fernández, que era o 1º tenente de alcalde.
Tiña como compañeiros de corporación en 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares arengou á xente desde o balcón do concello en Santiago de Compostela para que defenderan á República.
Foxe e tratou de refuxiarse na casa familiar da Pela, San Pedro de Vilantime, Arzúa (A Coruña), onde o prenderon o 4 de agosto os falanxistas.
Na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936 os falanxistas sacárono do cárcere de Santiago de Compostela e, sen xuízo nin posible defensa, paseárono e asasinárono con outros republicanos na estrada Santiago de Compostela-A Estrada, na Estivada da Ribeira, Montouto.
O seu corpo apareceu co de José-Modesto-Isaac Devesa Areosa nun foxo na estrada de Cacheiras.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna. Soterrárono no cemiterio de Cacheiras e, co tempo, trasladaron os seus restos ao cemiterio da Coruña.
Os facciosos saquearon a súa imprenta e a súa dona exiliouse na República Arxentina.
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.