← Volver atrás

Toba Fernández, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Muxía
(A Coruña)
- 08/09/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 05/09/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, pedagogo, escritor e político, 33 anos. Casou con Sofía Pérez Sobral. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Acadou o título de mestre en 1925. Mestre interino en Merexo, San Martiño de Ozón, Muxía, e logo mestre titular en Santa Mariña de Sillobre, Fene (A Coruña). Profesor de Pedagoxía desde xaneiro de 1935 na Escola Normal de Santiago de Compostela e director da Escola Graduada Anexa á Normal.

Concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1936 polo Partido Galeguista (PG), dentro da Fronte Popular (FP), e nomeado 3º tenente de alcalde; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Santiago de Compostela de 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (o alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.

Depurado.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de separación definitiva do servizo o día 13/05/1937. Con posterioridade reingresou no maxisterio en 1949 e desenvolveu a dirección do Grupo Escolar Concepción Arenal, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha