← Volver atrás

Pérez Sobral, Sofía

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra. Casou co profesor, pedagogo, escritor e político José Toba Fernández. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestra nacional que xa en 1914 tiña o seu primeiro destino en San Martiño de Canduas, Cabana (A Coruña). O seu home exerceu de profesor de Pedagoxía desde xaneiro de 1935 na Escola Normal de Santiago de Compostela e director da Escola Graduada Anexa á Normal.

José Toba desenvolveuse como concelleiro de Santiago de Compostela desde as eleccións municipais de 1936 polo Partido Galeguista (PG), dentro da Fronte Popular (FP), e nomeárono 3º tenente de alcalde; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Depurada.

Ao seu home ábreselle un expediente de depuración co resultado de separación definitiva do servizo o día 13/05/1937; posteriormente reingresou no maxisterio en 1949 e exercería de director do Grupo Escolar Concepción Arenal, na Coruña.

A Sofía tamén a depuraron os franquistas como mestra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha