Nacemento:
Morte:
Xornaleiro e político, 43 anos. Casou con Francisca Otero Rozas; tiveron catro fillas e dous fillos: Josefina, Manuel, Dolores, Olga, Jorge e América. Veciños de Lamas de Abade, Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño, Santiago de Compostela.
Concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1936 polo Partido Republicano Federal (PRF); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Santiago de Compostela de 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.
Encarcerado. Exiliado.
Detido despois do golpe militar e ingresado na prisión de Santiago de Compostela.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de incitación á rebelión, na causa 402/36, co resultado de sentenza a seis anos de prisión menor.
Cumpriu a pena na Prisión de Partido de Santiago de Compostela.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e deixárono en liberdade condicional no ano 1940.
Incurso no expediente nº 289/41 diante do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña; sancionárono cunha multa de 300 pesetas.
En 1953 vendeu o seu patrimonio e marchou para Uruguai.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.