← Volver atrás

Brañas Cancelo, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Avogado, profesor universitario e político, 24 anos. Casou con María Santamaría Ferreiro. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Irmán de Manuel Brañas Cancelo, desterrado, de José Brañas Cancelo, encarcerado, e de Antonio Brañas Cancelo, exiliado. Profesor auxiliar de Dereito Internacional desde 1935 na USC.

Colaborou co Seminario de Estudos Galegos (SEG) e coa revista Alento.

Elixido concelleiro de Santiago de Compostela (A Coruña) nas eleccións municipais de 1936 polo Partido Galeguista (PG) e nomeado 2º síndico. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros de corporación en 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.

Depurado.

Sancionado e destituído da súa cátedra de profesor universitario en novembro de 1936. Separación definitiva do servizo.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha