Nacemento:
Morte:
Costureira, intelectual e política, 42 anos. Casou en setembro de 1920 co editor, impresor e político Ángel Casal Gosende; despois dun aborto en 1927 xa non puido ter fillos. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Trasladouse de pequena á Coruña, onde aos 11 anos xa traballaba nun taller de costura. Cando casou con Ángel viviron na rúa Panadeiras, 9, na Coruña, na que abriron unha tenda de telas.
No ano 1918 militaba nas Irmandades Femininas da Coruña, onde formou parte da directiva e onde coñeceu ao seu futuro home, que sería propietario da imprenta Lar desde 1924, e en Santiago de Compostela, a onde se trasladaron en 1931, tivo a imprenta Nós. O escritor de Baio Enrique Labarta Pose xa lle aconsellara fundar unha editorial.
Co seu home ingresa no Partido Galeguista (PG), que se creara en decembro de 1931, e participou na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). María tamén participou na creación dunha sección das mulleres dentro do PG O recanto da muller.
A Ángel Casal elixírono concelleiro nas eleccións municipais de 1936 polo PG, dentro da Fronte Popular (FP) e nomeárono alcalde por maioría absoluta; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado. Tamén obtivo acta de deputado provincial e exerceu a vicepresidencia da Deputación Provincial da Coruña e da Comisión pro-Estatuto. Formou parte da comisión que o día 16/07/1936 entregou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) nas Cortes Españolas, polo que se achaba en Madrid ao producirse o golpe militar.
Exiliada.
Cando se produce o golpe dos militares rebeldes o seu home recuperou a alcaldía e arengou á xente desde o balcón do concello en Santiago de Compostela para que defenderan á República. Ás doce da noite do día 20 de xullo todo estaba xa perdido.
Fuxiron os dous e refuxiáronse na casa familiar da Pela, San Pedro de Vilantime, Arzúa (A Coruña), onde os falanxistas prenderon a Ángel o 4 de agosto, despois da delación dun veciño. Na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936 ao seu home sacárono da cadea da Falcona de Santiago de Compostela e, sen xuízo nin posible defensa, paseárono con outros republicanos na estrada de Cacheiras-Teo, no lugar de Ribeira; apareceu tirado nunha cuneta ao día seguinte.
A súa casa e a súa imprenta saqueáronas os falanxistas.
En novembro de 1936 María exiliouse na República Arxentina, cara onde embarcou desde Lisboa (Portugal). Alí volveu a adicarse á costura e rematou casando co seu curmán Pedro Miramontes.
Finou no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.