Nacemento:
Morte:
Escritor, xornalista e político, 54 anos. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Marchou a Madrid para traballar de xornalista e despois a Cuba. Regresou a Galicia no ano 1916 como redactor de La Voz de Galicia. Ao longo da súa vida colaborou con moitos xornais galegos.
En 1916 foi un dos líderes da creación das Irmandades da Fala.
No ano 1929 forma parte, con Santiago Casares Quiroga, na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), sendo o representante máis destacado do sector galeguista dentro do partido.
En Madrid acudía aos faladoiros no Regina, onde eran habituais Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Villar Ponte, Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira e Juan-Antonio Suárez Picallo.
O día 26/03/1930, no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Despois da proclamación da II República elixírono, no ano 1931, deputado pola Coruña nas Cortes Constituíntes, nas listaxes da ORGA. Tamén foi alcalde de Viveiro. En 1934 abandona ORGA (xa entón Partido Republicano Galego (PRG), que máis tarde se integraría en Esquerda Republicana (ER)) e ingresa no Partido Galeguista (PG).
Participou no Mitin de Mera, en novembro de 1935, co que se iniciou a campaña electoral do PG, con Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Juan-Antonio Suárez Picallo e Alfredo Rebollar Martínez. Aínda que tiña amizade con Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira, este aproximábase máis ao conservadorismo de Vicente Martínez-Risco Agüero.
Elixido deputado en 1936 polo PG, dentro da alianza da Fronte Popular (FP), pero non chegou a tomar posesión ao morrer en marzo dunha perforación gástrica.
Morre antes do golpe de Estado de xullo de 1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.