Nacemento:
Morte:
Profesor, escritor e político, 48 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). En 1919 conseguiu a praza de catedrático de Xeografía e Historia da ensinanza media, sacando praza en 1921 en Ourense.
No ano 1922 ingresa na Real Academia Galega (RAG).
Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
En abril de 1931 creou con Vicente Martínez-Risco Agüero o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO) polo que acadou acta de deputado nas Cortes Constituíntes, manténdose como deputado de 1931 a 1933. En decembro de 1931 integrouse no Partido Galeguista (PG) do que fora un dos fundadores. Nas Cortes defendeu o Estado Federal e a cooficialidade do galego e do castelán. Nas eleccións de 1933 non obtivo acta de deputado.
En Madrid acudía aos faladoiros no Regina, onde eran habituais: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Villar Ponte, Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira e Juan-Antonio Suárez Picallo.
Pertencía ao sector máis conservador do galeguismo, igual que Martínez-Risco. De fortes conviccións católicas e contrario a política anticlerical da II República. Rechazou a alianza do PG coas esquerdas na Fronte Popular (FP) en 1936, pero de xeito contrario a Martínez-Risco, mantivo a disciplina de partido e continuou como un militante de base máis.
Pertenceu ao Grupo Nós de 1920 a 1936, ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) de 1923 a 1936, sendo presidente neste último ano. Colaborador da Editorial Galaxia. Membro das Irmandades da Fala.
Depurado.
Co levantamento militar salvouse do final tráxico que tiveron moitos dos seus compañeiros.
Depurado coa suspensión de emprego e soldo como catedrático de instituto ata 1948.
No ano 1950 obtivo a primeira cátedra de Xeografía da USC.
Retirado da política Martínez-Risco e morto Rodríguez Castelao no exilio, Otero Pedrayo converteuse no símbolo vivo do galeguismo político, que renacería na década dos sesenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.