Nacemento:
Morte:
Escritor e político, 51 anos. En 1922 casou con María del Carmen Fernández Gómez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1906, ingresando no corpo de funcionarios de Facenda. En 1916 rematou os estudos de Maxisterio en Madrid. Curmán de Manuel Martínez-Risco Macías, exiliado.
En 1917 ingresou nas Irmandades da Fala e máis tarde no Seminario de Estudos Galegos (SEG).
No ano 1920 funda, con outros, a revista Nós.
Risco era da corrente tradicionalista do galeguismo e nun primeiro momento apoiou a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. En 1930 viaxou a Berlín e na súa estadía en Alemaña marcouse a súa ideoloxía conservadora e católica.
En 1931, para concorrer as eleccións ás Cortes Constituíntes fundou, con Ramón Otero Pedrayo, o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO), que en decembro dese ano pasaría a ser integrado no Partido Galeguista (PG). Otero Pedrayo obtivo acta de deputado e Risco non, o que significou a súa caída dentro do galeguismo e a ascensión de Otero Pedrayo e Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao.
Pouco activo politicamente e contrario á unión cos partidos da esquerda. Católico. En maio de 1935 deixa o partido por estas desavinzas e foi un dos fundadores de Dereita Galeguista (DG), que terá moito pulo en Pontevedra. Fixo campaña en xuño de 1936 a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), pero sempre andou temeroso das accións que a República puidera tomar contra da Igrexa. Na súa liña tamén se atopaba Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira.
Colaboracionista.
Co triunfo da sublevación militar viste o uniforme falanxista e calou diante da represión de moitos dos seus amigos e camaradas galeguistas, entre eles Arturo-José Noguerol Buján, a quen pasearon o día 13/03/1939 en Padrón (A Coruña).
No ano 1938 comezou a colaborar con La Región, con artigos na defensa dos sublevados. Isto supuxo que os seus antigos compañeiros, que estaban no exilio, o consideraran un traidor. Semella que este devir foi máis por medo que por conviccións.
Castelao chegou a dicir del en Sempre en Galiza “dicía Risco, cando Risco era alguén”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.