← Volver atrás

López Otero, Avelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Acevedo, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín
(Lugo)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 25/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e político, 33 anos. Irmán do avogado César López Otero, do que foi secretario e que morreu pouco despois de saír da cadea. Licenciado en Dereito. Emigrado un tempo en Cuba, á súa volta instalouse na Coruña.

Correspondente do xornal vigués El Pueblo Gallego na Coruña. No ano 1930 dirixía en Lugo o semanario republicano Guión.

En 1925, estando na Coruña, ingresou na loxa masónica Suevia nº 4 e no ano 1928, cando xa vivía en Lugo, pertenceu á loxa Lucus nº 5.

Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra), que reuniu a varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e da Federación Republicana Galega (FRG). Formou parte da comisión técnica que desenvolveu a versión definitiva do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Secretario xeral do Partido Republicano Galego (PRG) entre 1933 e 1934, ano no que este partido se integra en Esquerda Republicana (ER).

No ano 1935, co seu irmán César, promoveu a constitución do Concello de Ribeira de Piquín, que se escindía do de Meira (Lugo) e que se constituíu o día 05/03/1935.

Formou parte da comisión técnica que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Encarcerado. Morte na cadea.

Cando se produce o golpe de Estado prendérono os rebeldes e encarcerárono o día 24/07/1936, con outros líderes republicanos lugueses, no Cuartel de San Fernando e despois na Prisión Provincial de Lugo.

Mentres estivo na cadea torturárono e recibiu malos tratos; por mor disto tiveron que ingresalo o día 17/09/1936, en calidade de preso, no Hospital de Santa María de Lugo, onde morre aos oito días de hospitalizalo por mor dunha hemoptise.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e do Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.