Nacemento:
Morte:
Avogado, xornalista e político, 42 anos. Casou en Vigo (Pontevedra) en 1927 con Nieves González Fresco. Licenciado en Dereito no ano 1916 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Propagandista agrario entre 1915 e 1917, fundou a Federación Labrega de Caldas-Cambados. De 1917 a 1920 dirixiu o xornal agrario pontevedrés La Raza.
Definíase como agrario, monárquico e católico. Apoiou a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, o que lle carrexou críticas do sector agrario, sobre todo a partires de 1929.
Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
Coa II República aliñouse no Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García. Deputado polos agraristas de Pontevedra nas eleccións do día 28/06/1931. En outubro dese ano era vicepresidente en Pontevedra do Partido Republicano. Nas eleccións do día 19/11/1933 reelixírono deputado. Máis tarde pasouse as tendencias de centro de Manuel Portela Valladares e nas eleccións de febreiro de 1936 non obtivo acta.
Fuxido. Depurado.
Despois do golpe de Estado dos militares sofre represalias polo seu pasado republicano e impedíronlle exercer como avogado por un tempo.
Agochouse nunha vivenda de Santiago de Compostela (A Coruña) e, máis tarde, deportárono á Rúa (Ourense), onde os fascistas o custodiaron preto de dous anos, sometido a vixilancia e persecución.
Volveu a Vigo (Pontevedra), exerceu de avogado durante o franquismo e afastouse da política.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.