← Volver atrás

Bal y Gay, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Lugo
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Torrelaguna
(Madrid)
- 01/01/1993 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Compositor e musicólogo, 31 anos. Casado en 1933 coa pianista Rosa García Ascot. Adicouse aos estudos musicais en Lugo. Comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), pero deixouna e marchou a Madrid en 1924 para seguir a súa carreira musical, onde continuou coa súa monumental obra Cancionero Gallego, que non se publicou ata 1974.

No ano 1927 implicouse no Seminario de Estudos Galegos (SEG). Colaborador de El Pueblo Gallego.

Participou, o día 25/09/1930, no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.

En 1935 gañou unha cátedra da Universidade de Cambridge (Inglaterra) na que permaneceu como docente ata o ano 1938.

Exiliado.

Por mor da Guerra Civil Española non puido volver a España e no ano 1938 exiliouse en México, onde se desenvolveu como profesor do Conservatorio Nacional.

Volveu a España no ano 1965 coa súa dona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.