Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 31 anos. Solteiro. Veciño e mestre do Pazo, Santa Comba de Rianxo, Rianxo desde xullo de 1934. Curmán de Mariano-Manuel Otero Castelao, concelleiro de Rianxo, fuxido e exiliado en Venezuela. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña).
Concelleiro de Rianxo en 1931 polo Centro Republicano Radical e nomeado 6º rexedor, concelleiro en 1932 por Esquerda Nacionalista, vencellada ao Partido Galeguista (PG). Tamén concelleiro, na corporación de 1935 polo Partido Radical Galego (PRG).
Ingresado na cadea pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Fuxido. Suicidio.
Desde que se produciu o golpe de Estado e, despois de participar na resistencia en Rianxo, andou agochado polos montes de Rianxiño, por Carril e por Vigo, na procura dunha vía de saída para escapar da represión franquista.
Morte rexistrada en Vigo por mor dun tiro de bala.
Luis Álvarez González preparou o plan de fuxida do bou Eva cara Francia ou cara algún porto do Cantábrico que permanecera adepto á República.
Suicidouse dun disparo na tempa na caixa de cadeas do bou Eva, un barco da baixura, cando os acosaban a Garda Civil e os falanxistas.
O operativo de fuga activouse sobre as 03:00 h do día 23 de abril e os republicanos trataban de fuxir desde o porto do Berbés, en Vigo, cara Francia, para escapar das represalias franquistas. Agocháronse na adega do barco, pero traizoounos e delatounos un mariñeiro da tripulación. Os represores asolagaron o barco con auga fría e logo auga quente para rendelos; os asaltados preferiron suicidarse. Todos tiñan un tiro na tempa de entrada pola esquerda, agás Ángel Nogueira, quen posiblemente matou aos compañeiros e logo suicidouse.
Nesta acción, suicidándose, morreron nove persoas de ideoloxía republicana: Luis Álvarez González, obreiro naval; Camilo Campos Méndez, barbeiro; José Losada Castelao, mestre; Manuel Martínez Maroño, mariñeiro; Carmen Miguel Agra, traballo na casa; Ángel Nogueira Nogueira, empregado (home de Carmen Miguel); Manuel Rodríguez Castelao, mestre, (medio irmán de José Losada); Fernando Rodríguez Lorenzo, albanel; José Rodríguez Lorenzo, albanel.
Da tripulación do barco sobreseron as causas contra Juan Rodríguez Hermo, patrón; Francisco Blanco Mariño, contramestre e o marmitón Ataulfo Clambor López. Ao cociñeiro José-Andrés Vidal Álvarez e ao mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encarceráronos.
O político ferrolán Domingo Pombo López, líder do Partido Galeguista (PG) en Ferrol (A Coruña), salvouse da morte por chegar tarde á cita; cando viu todo o operativo represor, fuxiu da zona.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.