← Volver atrás

Otero Castelao, Mariano-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Rianxo
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 12/02/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 29 anos. Veciño de Rianxo. Era curmán de Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao e casara con Encarnación Fuentes Iglesias.

Na II República elixírono concelleiro de Rianxo en marzo de 1936 polo Partido Galeguista (PG) e nomeárono síndico. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Rianxo de 1936, entre outras persoas, a: Cándido-C. González Tarrío (alcalde), encarcerado; José-Ramón Collazo Tubío, detido e torturado; Ricardo Teijeiro Gey, exiliado.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Despois do golpe dos sublevados arrestárono e sometérono a un paseo figurado. Logrou fuxir do cárcere coa axuda dun amigo falanxista. Andou fuxido ata 1938 cando se presentou ao gobernador civil de Pontevedra.

Instalouse en Vigo (Pontevedra) a comezos dos corenta, onde traballou como xastre.

En decembro de 1942 detivérono, sufriu malleiras e necesitaron extirparlle o bazo.

Condenárono a tres anos na cadea, saíndo en liberdade vixiada aos 20 meses.

En marzo de 1945 detéñeno de novo, baixo a acusación de pertencer á Unión Nacional Española (UNE), xunto a: Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Manuel Álvarez Díez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, José Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 94/45.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.

Pasou despois un ano agochado en Moreira, San Lourenzo de Cañón, Celanova (Ourense) con José Velo Mosquera, ata que logrou pasar a Portugal, onde embarcou para Venezuela.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Retornou a Galicia e expulsárono de España ata tres veces. Instalouse definitivamente en Vigo en 1970, pero diante da constante vixilancia da Brigada Político Social, marchou para A Coruña, onde faleceu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.