← Volver atrás

López Mantiñán, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Portádego, Santa María de Rutis, Culleredo
(A Coruña)
- 13/02/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 17/02/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e sindicalista, 27 anos. Solteiro. Veciño do Portádego.

Militante da CNT na Coruña.

Encarcerado. Exiliado.

Detido despois do alzamento rebelde, ingresado na prisión do Castelo de San Antón, na Coruña, e posto en liberdade pouco despois.

Os informes policiais sinalaban que esta persoa era “elemento de ideas izquierdistas no peligroso”.

Na Coruña estaba a formarse o Comité da Federación Local da CNT arredor de Fernando López Mantiñán, Francisco Carballo Pérez, Manuel Vázquez Sampayo, Félix Álvarez Arganzúa e algúns máis.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra o día 05/06/1937 na Coruña polo delito de rebelión, na causa 94/45, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.

Concédeselle a prisión atenuada a finais de xuño de 1940.

Na cadea coincidiu con Félix Álvarez Arganzúa e con Luis Costa García, Juan García Durán, o Fugas, cos que formaría o primeiro comité clandestino da Federación Local Obreira (FLO) da CNT da Coruña, do que sería o secretario. Tamén foi vogal e contador do primeiro Comité Rexional clandestino.

Casou con Felicidad Monroy Ramos; tiveron dous fillos: Fernando e Ricardo.

Reclamouno o Xulgado Militar da Coruña no ano 1945 e o de Vigo en 1947.

Perseguido pola policía política, marchou a Cádiz e pasou a Tánxer (Marrocos) en 1947.

No ano 1950 achábase no Senegal e en 1953 en Australia.

Volveu a Galicia no ano 1969, arrestárono en Tui (Pontevedra) e liberárono pouco despois.

Fixou a súa residencia na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.