← Volver atrás

Álvarez Arganzúa, Félix

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 28/10/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/09/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro marítimo e sindicalista, 41 anos. Casou con Rosa Fiaño Rey (+05/02/1936); tiveron cinco fillos e tres fillas: Félix, Purificación, Dolores, Francisco, Alfredo, Isolina, Jaime e Roberto. Veciños da Coruña. Emigrou á República Arxentina sendo mozo e regresou á Coruña no ano 1915.

Anarcosindicalista. Pertenceu e foi dirixente do Sindicato de Camareiros e Cociñeiros Marítimos La Cosmopolita.

No ano 1934 era secretario sindical de pesca da CNT. Membro do Centro de Estudos Sociais Germinal.

No momento do golpe de Estado tamén estaba a formarse na Coruña o Comité da Federación Local da CNT arredor de Fernando López Mantiñán, Francisco Carballo Pérez, Manuel Vázquez Sampayo, Félix Álvarez Arganzúa e algúns máis.

Fuxido. Encarcerado.

Ao comezar a guerra civil agochouse ata novembro de 1938; detivérono cando trataba de escapar nunha fuga que organizara El Despertar Marítimo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 16/11/1938 polo delito de rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Saíu en liberdade o 28/10/1941 e militou na clandestinidade na CNT, no que formou parte do comité clandestino da Coruña e do rexional. Membro activo da Alianza Nacional das Forzas Democráticas (ANFD), das que foi tesoureiro.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono en 1941.

Opúxose á loita armada contra os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por actividade de propaganda, na causa 284/46, co resultado de absolución segundo resolución do día 27/05/1946.

Prendérono no ano 1946 e consegue fuxir do cuartel da Garda Civil; marchou a Noia (A Coruña) onde o protexe o capataz das minas de volframio de Lousame, Miguel Sangenís Sabater. Viviu en Madrid con identidade falsa.

Novamente detido en Madrid no ano1957 e liberado en 1958 do cárcere de Vigo (Pontevedra), volveu á Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha