Nacemento:
Morte:
Político, 20 anos. O día 24/04/1936 casou con Jovita Pérez González. No ano 1926 quedou orfo de pai.
Amigo desde o colexio de Celso-Emilio Ferreiro Míguez, a finais de 1932 organizaron en Celanova as Mocidades Galeguistas do Partido Galeguista (PG). Secretario xeral, no mes de abril de 1936, da Federación das Mocidades Galeguistas.
Encarcerado. Exiliado.
Despois do golpe dos sublevados prendérono os gardas civís o día 21/07/1936. Pronto saíu do cárcere e, en marzo de 1937, tivo que incorporarse ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova; ao pouco marchou á Guinea Española.
Volveu ao remate da guerra civil e abriu unha academia de ensinanza en Celanova en 1939; no ano 1943 trasladouse a Vigo (Pontevedra), onde monta outra academia.
No ano 1940 sae en liberdade Cesáreo Saco López, que desde o PG atacou as accións da guerrilla antifranquista ao consideralas a escusa para que os rebeldes endureceran máis a represión; da opinión contraria e favorable á guerrilla, dentro do PG, era José Velo Mosquera. Velo dicía que: “na guerrilla, non había partidos, había homes só, para o risco que fora, en calquera tempo e sempre alerta”.
Formou na Fronte Liberadora Galega no ano 1943, de curtas accións.
En marzo de 1945 detiveron, baixo a acusación de pertencer á Unión Nacional Española (UNE), a: Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Manuel Álvarez Díez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, José Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 94/45.
Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.
Beneficiouse dunha amnistía ao remate da II Guerra Mundial, saíu do cárcere no ano 1945 e permaneceu agochado un ano preto de Celanova.
En 1948 fuxiu a Portugal, onde o prendeu a Policía Internacional e de Defensa do Estado (PIDE).
Unha vez en liberdade marchou a Venezuela, onde chegou o día 09/10/1948e ao ano seguinte uníuselle a familia. Neste país responsabilizouse da Academia Orto e do programa en galego que emitía Radio Caracas. Traballou como profesor e en 1959 era docente na Escola de Suboficiais do Exército de Venezuela.
Ingresou no PCE e logo abandonouno para formar o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), co que participou no secuestro do transatlántico portugués Santa María o día 22/01/1961, coa fin de chamar a atención mundial sobre dos réximes de Francisco Franco Bahamonde e de Antonio de Oliveira Salazar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.