Nacemento:
Morte:
Militar e político, 43 anos. Casou en 1925 en Rosario (República Arxentina) con Aurea Vidal Rodríguez. Veciños de Pontevedra. Soldado en Marrocos, condecorárono en 1916 coa Cruz do Mérito Militar con pensión. Marchou para a República Arxentina no ano 1919, a Rosario, onde exerceu de vicecónsul de España. Regresou a España en xullo de 1928. Traballou como mozo da Sub-delegación de Pesca en Guetaria (Guipúscoa) en 1934 e renunciou ao emprego en 1935.
Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
A raíz do golpe militar detivérono en Murcia a finais de xullo de 1936 como sospeitoso.
Exiliado en Francia, volveu a España para loitar coa guerrilla. Asentouse en Ourense como empregado e formou parte do Comité Provincial do PCE, reconstituído no verán de 1942.
A agosto de 1943 á súa muller, Áurea, detivérona en Pereiro de Aguiar (Ourense) cando a reclamaba un xulgado de Barcelona.
Francisco rematou detido en febreiro de 1945 e posto en liberdade por falta de probas.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 18/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 94/45, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.
Neste xuízo, entre outras persoas, procesaron aos seguintes militantes do PCE: Estanislao Cantero Izquierdo; Teófilo Fernández Canal; Víctor García García, o Brasileño; Julio Nieto López, Chevol, Nardo, condenado á pena de morte; Enriqueta Otero Blanco, María dos Dores, condenada tamén á pena de morte e logo conmutada pola de 30 anos; Francisco Rey Drox, Coronel Chacama; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino, condenado a cadea perpetua, e Ramón Vivero Geada, Novolitos, condenado á pena capital.
Interno na Prisión de Partido de Cartagena (Murcia), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 235 do día 22/08/1944.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de colaboración con bandoleiros na causa 159/46.
Procesaron neste expediente, entre outras persoas, a: Benigno Andrade García, Carmen Balboa López, Jesús Balboa López, Manuel Pena Camino, María Pérez Mellid, Manuel Ponte Pedreira e Francisco Rey Drox.
A Tomás Jiménez Esquivias enviárono desde o Comité Rexional da Coruña, cunha maleta de propaganda para levala a Ourense; detivérono no tren e, por mor da súa información, prenderon a Manuel Blanco Bueno e a 14 persoas máis; entre elas Amadeo Carnicero e o seu fillo Manuel Carnicero, que agocharan a Teófilo Fernández Canal ata pouco antes de que o liquidaran; Ramón Gómez Sanz, organizador do PCE en Santiago de Compostela e Francisco Rey Drox, que morrería en 1961 no cárcere de Burgos, aos 68 anos.
Detido o día 01/09/1947.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 438/47 por actividades políticas.
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo con outras 19 persoas, acusado de ser o promotor dun grupo do Socorro Rojo Internacional (SRI) e de introducir o movemento da Unión de Intelectuais Libres (UIL) en Galicia.
Nestes procedementos acumuláronlle penas por un total de 38 anos de prisión.
Morreu na Prisión Provincial de Burgos en 1960, cando tiña 68 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.