← Volver atrás

Jiménez Esquivias, Tomás

Alcume: José López Santos
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Villaverde
(Madrid)
- 01/01/1921 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Electricista, 15 anos.

Militante do PCE.

Encarcerado. Sancionado.

Durante os primeiros anos do franquismo integrouse na organización clandestina do PCE en Madrid.

Casou con Desideria Rodríguez.

Axudante de Manuel Blanco Bueno, Diego Romero, con quen chegara a Galicia en 1945 para reorganizar o PCE e relanzar a guerrilla; tamén os acompañaban José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge. Manuel Blanco e Tomás Jiménez comezaron o seu traballo de organización do PCE na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o partido e a guerrilla quedaran desmantelados.

A Tomás Jiménez Esquivias enviárono desde o Comité Rexional da Coruña cunha maleta de propaganda para levala a Ourense. Detivérono no tren Madrid-Vigo o día 09/04/1947, ingresárono na Prisión Provincial de Salamanca o día 31/05/1947 e o 25 de xuño seguinte trasladárono á Prisión Provincial de Valladolid.

Por mor da súa información, detiveron a Manuel Blanco Bueno, secretario de Organización e Masas do Comité Rexional, e a 14 persoas máis; entre elas: Amadeo Carnicero e o seu fillo Manuel Carnicero (que tiveran agochado a Teófilo Fernández Canal ata pouco antes de ser liquidado), Ramón Gómez Sanz, organizador do PCE en Santiago de Compostela (A Coruña) e Francisco Rey Drox, que morrería no ano 1961 no cárcere de Burgos, aos 68 anos.

Xulgado en consello de guerra e condenado a 12 anos e un día de cadea coa accesoria de inhabilitación.

Internado na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria), saíu en liberdade condicional no ano 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha