← Volver atrás

Blanco Bueno, Manuel

Alcume: Diego Romero Jiménez
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 19/04/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xoieiro, 20 anos. Mariñeiro armeiro, mariñeiro pola súa quinta no destrutor Sánchez Barcáiztegui.

Militante do PCE desde 1937.

Exiliado. Encarcerado.

Entrou voluntario na Armada, destinárono ao destrutor Sánchez Barcáiztegui no momento da sublevación como mariñeiro armeiro. Foi un dos mariñeiros alzados contra dos mandos sublevados. Logo estivo no Arsenal de Cartagena (Murcia) como axustador mecánico.

Logrou embarcar no mercante a vapor británico Stanbrook, cargueiro británico que partiu de Alacante o día 28/03/1939. Chegou a Orán (Alxeria) e internárono nun campo de concentración. Liberado polos aliados cinco anos despois, pasou a Francia e recibiu cursos de formación de loita guerrilleira.

No ano 1944 e despois de formarse en Francia, enviárono como axudante de José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López. Chegou a Galicia a finais de 1945 con Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge, coa misión de relanzar a guerrilla e encargarse do Comité Rexional do PCE en Galicia. Nomeárono secretario de Organización e Masas do Comité Rexional.

Axudado por Tomás Jiménez Esquivias comezou a organizar o PCE na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o desmantelaran. Responsable de Axitación e Propaganda. En Ourense adicouse á “depuración” de monzonistas.

Detido en Vigo (Pontevedra) en abril de 1947.

A Tomás Jiménez Esquivias enviárono desde o Comité Rexional da Coruña cunha maleta de propaganda para levala a Ourense e detivérono no tren Madrid-Vigo o día 09/04/1947; por mor da súa información detiveron a Manuel Blanco Bueno e a 14 persoas máis; entre elas Amadeo Carnicero e o seu fillo Manuel Carnicero, que tiveran agochado a Teófilo Fernández Canal ata pouco antes de ser liquidado; Ramón Gómez Sanz, organizador do PCE en Santiago de Compostela (A Coruña) e Francisco Rey Drox, que morrería en 1961 no cárcere de Burgos, aos 68 anos.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña, o día 09/01/1948, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pasou 15 anos na Prisión Central de Burgos.

Saíu en 1963 en liberdade condicional. Instalouse en Madrid, casou e abriu unha xoiería.

As súas declaracións conseguiron que caeran menos persoas militantes das que podían telo feito. Aínda así acusárono de traidor e os compañeiros romperon todo contacto con el. Era unha ironía pois fora o encargado da depuración de Víctor García García e Teófilo Fernández Canal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.