Nacemento:
Morte:
Oficinista e político, 29 anos. Casou con Saladina Cruz Balado con quen tivo un fillo: Jorge-Francisco. Emigrou a Bos Aires (República Arxentina) con cinco anos e alí exerceu de tipógrafo.
Exiliado. Executado.
Afiliouse ao PCE e, en xullo de 1943, regresou a España para actuar como cadro de axitación e propaganda en Bilbao e Barcelona. No ano 1944 trasladouse a Madrid coa súa compañeira sentimental Josefina González Cudeiro, Fina, e onde traballa a carón de Jesús Monzón Reparaz.
A Finais de 1945 o PCE decide enviar a José Gómez Gayoso e a Antonio Seoane Sánchez a Galicia, onde chegan en 1946, para organizar a política e a guerrilla, facéndose cargo do Comité Rexional do PCE en Galicia. Antonio viaxaba con documentación falsa a nome de Aureliano Barral.
José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente Peña Terrassa formaron o Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, o Alejandro; Avelino Rivas Pombo, o Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén estaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche e Francisco Paz Fornos.
As decisións dos comunistas Gayoso e Seoane provocaron a escisión definitiva da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e o Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Esta nova dirección chegou en abril de 1946; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, perde o seu poder e pídenlle que abandone a vida civil e que se incorporase á guerrilla, coa que xa viña traballando en coordinación con Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.
A Galicia acompañábanos Manuel Blanco Bueno, Diego Romero, axudante de Gómez Gayoso; tamén ían José Chantada, Eusebio García como secretario de organización e Manuel Crespo.
Xefe guerrilleiro da zona en momentos nos que todo funcionaba bastante ben, ata o ano1946.
Integrado no Grupo Volante A Mariña.
Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, Martín e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.
O día 18/04/1946 participou con este grupo na execución de Manuel Doval Lemat, Coché, xunto con Marcelino Rodríguez Fernández que dirixía a acción, Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire, Francisco Rey Balbís, Moncho, Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado, José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana.
A finais de 1947 creouse a V Agrupación, que desagregou da IV, para evitar a presión policial sobre da guerrilla na Coruña, e que dirixiría Benigno Andrade García, Foucellas, como xefe e que actuaba no norte da provincia de Pontevedra; este grupo dividiuno Foucellas, a primeiros de 1948, en dúas partidas, unha mandada por Vicente López Novo, Rufino, e outra por Miguel Nicolás Esperante, o Corcheiro.
Detido por mor dunha trampa o día 10/07/1948 no Bar Barlovento, na Praza de Lugo, na Coruña, sobre as 20:30h, por unha delación (semella que de Luis García Jiménez ao que os dirixentes comunistas tiñan alugado un cuarto). Con el caeron José Ramos Díaz, xastre; José Rodríguez Campos, obreiro; Juan Martínez Montero, campesiño e Josefina González Cudeiro, que era a súa parella. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140ª Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García.
Ao secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso e á súa compañeira María Blázquez del Pozo, obreira (embarazada, á que lle perforaron o estómago dun tiro e non lle sacaron a bala no tempo que durou o seu encerro), arrestáronos ao día seguinte, cando acudían a reunirse con Seoane na rúa Real, 23-3º, da Coruña. Sufriron todas e todos moi duros interrogatorios, malleiras e torturas.
Xulgado o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez.
As sentenzas foron as de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Vilanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefina González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Tamén procesaron outros enlaces.
O xuízo converteuse nunha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, a quen tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) o día 21/11/1956 por mor de falta de coidados médicos. O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.
A Garda Civil fusilouno ás 07:45 h do día 06/11/1948 no Campo de Durmideiras, na Coruña, xunto con José Gómez Gayoso; morreron berrando “Viva el partido comunista, viva la Pasionaria”. Ese día enviárase ao lugar dos feitos un médico para que confirmase as mortes, dous ataúdes, permisos do cemiterio para o soterramento e tamén se requiriu a presenza do defensor militar José Lago Vizoso.
O Exército deixou rexistrados os pasos que se cumpriran. Esqueceron reflectir que Antonio Seoane tiña as mans e os pes desfeitos e que perdera 20 quilos e que a Gayoso lle baleiraran un ollo e que o seu corpo tiña sufrido moitas ultraxes.
O día 08/02/1949 o defensor militar fai entrega das súas pertenzas: unha pluma estilográfica Parker, un chisqueiro de metal branco, un reloxo de home Omega, un alfinete de garabata de ouro e un prendedor de pescozo dourado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.