← Volver atrás

Rey Balbís, Francisco

Alcume: Moncho, Ramón de la Huerta, Pepe
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

San Cibrao, Santa María de Lieiro
- 19/03/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Habana
(Cuba)
- 09/01/2010 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, 19 anos. En 1926 trasladouse coa súa familia a Reboredo, logo pasaron a vivir a Gandarío, as dúas localidades do concello de Bergondo.

Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) e da Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar acode na defensa da Coruña fronte aos rebeldes. Despois, con 19 anos, ingresou na Infantería de Mariña e, na fronte de Teruel, pasouse ás liñas republicanas.

Ao remate da guerra andou fuxido por España (Valencia, Murcia, Segovia, Madrid ou Valladolid) ata que decide volver a Galicia. Diante do acoso policial entregouse en Ferrol (A Coruña) no cuartel da Infantería de Mariña.

Xulgado en consello de guerra, o día 07/05/1940, polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, o día 18/03/1944 consegue a liberdade condicional. Na súa estadía na cadea pasouse ao PCE.

Traballando na estrada que vai ao Pazo de Mariñán coñeceu a José-María Díaz Pan, Jaime, co que logo traballou en Seguros Santa Lucía. Ao saír da cadea creou unha célula do PCE en Gandarío e incorporouse á guerrilla, xunto con José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño.

Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, Abegondo (A Coruña) á que acudiron Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros. Nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Integrouse no Grupo volante A Mariña, da IV Agrupación do EGG que el comandaba.

Pertenceron a este grupo volante: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; José-María Díaz Pan, Jaime; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Freire Barcia; José Freire Barcia, Pepiño; José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José Piñas Pons; Manuel Ramiro Souto, Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio, Martín, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Estivo no Destacamento Santiago Álvarez.

Por este destacamento pasaron: Benigno Andrade García, Foucellas; Pedro Calvete Brea; José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista, M. Vega; Francisco Cousillas Pombo; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; José Galán Núñez, Dereito, Miguel; e no que tamén se integraban Samuel Mayo Méndez, Saúl das Olas, Pelayo, Raúl, Alicantino; Ramiro Martínez López, Zapateiro; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio; Manuel Ramiro Souto; Francisco Rey Balbís, Moncho; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispa; Pedro Rodríguez Gómez; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca; Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias, e José Vázquez Mauriz, Patitas.

Foi un dos asiduos do refuxio da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), preto da casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia. Adoutrinou aos fillos de Rafael e convenceunos para que, en maio de 1949, se uniran á guerrilla. A Rafael, Moncho non lle gustaba por arrogante e e mala persoa; de feito acusouno de delatar aos seus fillos co resultado da morte dos dous.

Con este grupo participou no atentado do día 18/04/1946 no que axustizaron o falanxista Manuel Doval Lemat, Coché, acusado de ser un dos paseantes de Cambre (A Coruña). Nesta operación de represalia tamén interviñeron Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer; Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e tamén Manuel Díaz Pan, Rogelio.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 205/46 polo delito de asasinato.

Máis tarde responsabilizouse do Destacamento Enrique Líster, xunto con José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito e Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; a súa de influencia abarcaba as zonas de Betanzos, A Mariña e A Coruña.

Neste destacamento estiveron: Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José-María Díaz Pan, Jaime; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina; Francisco Rey Balbís, Moncho, e Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias.

Formou parte da IV Agrupación que dirixía Marrofer, que morre no ano 1946 e a quen sucede Manuel Ponte Pedreira.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 556/46 polo delito de roubo a man armada.

Despois do Nadal, o 07/01/1947, participou con José-María Díaz Pan, Jaime, e outros cinco compañeiros, no axustizamento de Jesús Villar Babío en San Paio de Brexo, Cambre (A Coruña).

O día 14/02/1947 dúas persoas do seu grupo asaltaron a taberna dos Quiroga en Campamento, San Xorxe de Iñás, Oleiros (A Coruña) e executaron a Francisco Quiroga Cornes, fillo do alcalde falanxista de Oleiros, Francisco Quiroga Fontenla.

En abril de 1947 cae Manuel Ponte e desígnase a Moncho como xefe da agrupación guerrilleira e Melchor Díaz, Pepito, toma o control do PCE, ata que no ano 1950 o partido decide desactivar a guerrilla. O Destacamento Enrique Líster pasa a dirixilo Jesús Valeiro Gómez, Antonio, Calias. En 1948 Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, convértese no seu adxunto.

Logo das detencións de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez en xullo de 1948, Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, asumiu o mando do PCE con Moncho, e comezaron un proceso de militarización que fixo máis fráxiles e menos eficaces ás partidas; ademais sufriron o rechazo dos enlaces, que os vían agora como forzas de ocupación máis que coma compañeiros de loita. Soto e Balbís comezaron a desconfiar de guerrilleiros e enlaces e dos que discutiran das súas premisas; os enlaces temían máis a Moncho que a Garda Civil.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de intento de asasinato, na causa 74/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Contra o proceso de militarización opoñíase o xefe do Destacamento Eive-Carbón, Francisco Barcia Martínez, entre outras persoas.

As consignas de José-Ricardo Sevil Sevil, chegado de Francia a finais de 1949, eran as de aplicar os acordos do Buró Político do PCE. Para reorganizar o Comité Rexional do PCE en Galicia, nomeou a Melchor Díaz, Pepito, secretario de organización; a Francisco Rey Balbís, Moncho, secretario de axitación e propaganda e a José Blanco Núñez, Ferreirín, encargado de prensa; delegado do sector de Ferrol sería Francisco Martínez Leira; delegado da Coruña José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista; de Vigo (Pontevedra) e Pontevedra, o Madrileño, e de Lugo e Ourense, Víctor.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de terrorismo, na causa 91/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

As construcións teóricas elaboradas en Francia non tiñan nada que ver coa realidade galega. As consignas eran reducir ao mínimo o número de guerrilleiros, traía cartos para acabar cos golpes económicos, suspender os axustizamentos e adicarse só á autodefensa.

Despois das desfeitas dos anos 1950 e 1951 e diante da proposta do PCE marchou a Francia coa súa compañeira sentimental María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina. Cando marchou a Francia, Francisco Martínez Leira, Pancho, converteuse no máximo dirixente da IV Agrupación do EGG.

Pasou a Cuba no ano 1964 coa súa filla de oito anos; chegaron á illa o día 2 de febreiro.

Dise que matou aos fuxidos Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova, e a José Vázquez Mauriz, Patitas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.