Nacemento:
Morte:
Labrego, 25 anos. Casado con Dolores Naveira. Veciños de Ordes.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Xulgado en consello de guerra Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 522/38, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
O tribunal deste proceso condenou a penas de 12 anos e un día a: Cándido Balsa Fernández, Francisco García Antelo e José Remuiñán Barreiro.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Ingresou na guerrilla arredor do ano 1944, militando no Destacamento Manuel del Río Botana e, máis tarde, no Destacamento Arturo Cortizas.
Como represalia por unirse á guerrilla, a oito membros da súa familia deportáronos a Burgos. A súa nai, Antonia Barreiro Recouso, morreu no desterro o día 22/04/1949, preto de Villahoz (Burgos), de frío e cando ía camiño da casa; tamén desterraron o seu pai José e os seus irmáns Asunción, Jacinto, Andrés e Francisco, coa súa muller Dolores Mirás e a súa filla pequena Dorinda; todos espallados neste desterro, alí pasaron catro ou cinco anos. Outra irmá, María, pasou pola cadea.
Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, Abegondo (A Coruña) á que acudiron Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros; nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Participou con Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre; Claudio Díaz Milia; Pedro Rodríguez Gómez; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda (A Coruña).
Participou o día 08/11/1946 no asalto ao cuartel da Garda Civil en Vimianzo (A Coruña). Nesta acción participaron Manuel Ponte Pedreira, Manolito Ponte; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; José Dasilva Bartomeu; Manuel Pena Camino, Flores; Jesús-Domingo Pazos Mesías e Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, Emilio. Pazos Mesías tivo un enfrontamento no bar Casa Mira (actual O Castillo) e morreu, igual que o número da Garda Civil Manuel Rodríguez Paz.
O día 16/01/1947 Benigno Andrade García, Foucellas; José Blanco Núñez, Ferreirín; José Remuiñán Barreiro e Manuel Díaz Pan, entran na casa de Antonio Mosquera Aller, en Queirúa, Santa María de Leira, Ordes, para exixir a entrega dunha pistola. As cousas revólvense e morreron Mosquera Aller e o seu veciño Manuel Sánchez Quindimil.
Lugartenente e home de confianza de Benigno Andrade García, Foucellas, a quen acompañou desde 1947 como número dous na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) en Pontevedra e na que tamén figuraban Ricardo Fernández Carles; Florentino Menéndez Palacio, Tino, Asturiano; Miguel Nicolás Esperante, o Corcheiro; Vicente López Novo, Rufino.
A partida de Benigno Andrade García axustiza ao falanxista Jesús Cuñarro Mosteiro na súa taberna de Cercio (Lalín) o día 10/02/1948. Interveñen na acción Foucellas, Florentino Menéndez Palacio, José Remuiñán Barreiro, Julio Bazarra Constenla, Vicente López Novo, Miguel Nicolás Esperante e Eugenio Rueda Perosanz. Formaban parte da V Agrupación en Pontevedra.
O grupo avistouno a Garda Civil en Loureiro, Santa María de Luou, Teo (A Coruña) o día 19/05/1948, cando descansaban nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morreu o número da Garda Civil, Manuel Jardón Castro.
O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros; Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino; Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles. Dous guerrilleiros logran fuxir, Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, retirándose á zona de Curtis (A Coruña).
Despois da desfeita da V Agrupación do EGG o día 19 de maio de 1948, volve a IV Agrupación, integrándose no Destacamento Arturo Cortizas que lideraba Adolfo-Cipriano Allegue Allegue.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
Morre nun enfrontamento o día 31/10/1949 co resto do destacamento, cercado pola Garda Civil, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela, preto de Pazos. Con el morreron os seus compañeiros Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; José Temblás Paz, Temblás; Juan Freire Barcia; Rogelio Alonso Corral e Adolfo-Cipriano Allegue Allegue (primeiro deuse por morto no seu lugar a Juan Gabeiras Barro). Benigno Andrade García conseguiu fuxir con vida.
Algunhas fontes poñen en dúbida a súa morte en Pazos e pensan que na realidade exiliouse.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.