Nacemento:
Morte:
Mecánico industrial, 20 anos. Casado. Veciños de Oviedo. Traballou na fábrica de fundición La Amistad, en Oviedo.
Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Encarcerado. Executado.
Despois do alzamento loitou contra os sediciosos na zona do Naranco e no Batallón Sangre de Octubre nas proximidades de Oviedo (Principado de Asturias); foi tenente do Batallón Ferroviario. En abril de 1937 enviárono ao 265º Batallón, 67ª Brigada Mixta, 4ª División do II Corpo de Exército do Exército do Centro e participou nas frontes de Biscaia e de Santander.
Detido o día 06/10/1937 nun intento de fuxida cara Francia, desde Avilés (Principado de Asturias), no vapor Cusca e trasladárono a Camposancos, A Guarda (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Camposancos polo delito de rebelión militar, condenárono á pena de morte, que lle conmutaron o día 23/06/1938 pola de cadea perpetua polos pedimentos da súa avoa diante das autoridades.
Trasladado de Camposancos á Prisión Central de Celanova (Ourense) ao remate da guerra civil.
Logo de pasar por varios cárceres, para redimir a pena mandárono, para a redención de pena, ao destacamento penal das Minas de Fontao da Sociedad de Estaños de Silleda, Silleda (Pontevedra), onde coñeceu á súa futura dona, Laura Nicolás Esperante, irmá de Miguel Nicolás Esperante, o Corcheiro, coa que casou no ano 1943.
Pasou á prisión atenuada o día 20/12/1943 e residiu en Bandeira (Pontevedra).
Membro do grupo comunista Os Corcheiros, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) en 1943/1944, do que foi comisario político pola súa experiencia militar e ao que se une para evitar a mobilización do exército golpista. Con el contábase o seu cuñado Miguel. Nun primeiro momento o grupo tentou a sabotaxe dos envíos de wolfran cara a Alemaña nazi dende os portos de Vigo e da Coruña.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra na causa 287/44 polo delito de atraco.
O abandono en 1948 do apoio do PCE supuxo un duro golpe para a guerrilla.
A partida de Benigno Andrade García, Foucellas, axustiza ao falanxista Jesús Cuñarro Mosteiro na súa taberna de Santiago de Cercio, Lalín (Pontevedra) o día 10/02/1948. Interveñen na acción Foucellas, Florentino Menéndez Palacio, José Remuiñán Barreiro, Julio Bazarra Constenla, Vicente López Novo, Miguel Nicolás Esperante e Eugenio Rueda Perosanz. Formaban parte da V Agrupación do EGG en Pontevedra.
Semella que se encargou da execución dos líderes do PCE no sur de Galicia Víctor García García, o Brasileño, e Teófilo Fernández Canal, en abril de 1948, despois de recibir a orde desde o Comité Rexional do partido.
A caída do seu cuñado en 1948, conduciuno a el para A Coruña, onde o prenderían en agosto, xunto coa cúpula da guerrilla (José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge) e sofre torturas. Convertérase na man dereita de Antonio Seoane.
Días antes de que o prenderan tivo que declarar en Lalín (Pontevedra).
Fusilado ás 07:00 h do día 16/08/1948 en Ombre, na aplicación da Lei de Fugas. Antes torturárono e quitáronlle un ollo, logo sacárono ao campo para rematalo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.