← Volver atrás

Bazarra Constenla, Julio

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1923 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 18/05/2008 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 13 anos. Casado con posterioridade con Mercedes García Rey. Veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Fuxido. Encarcerado.

A finais do ano 1947 incorporouse, con Vicente López Novo, á V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Benigno Andrade García, Foucellas. Participou nalgunhas accións desta partida no norte da provincia de Pontevedra. Contou con Manuel López Esperón como enlace entre o PCE e a guerrilla antifranquista.

A primeiros de maio de 1948 abandonou a guerrilla por problemas físicos e acubillouse nunha casa de Santa María de Troáns, Cuntis (Pontevedra).

Detivérono en Vigo os franquistas o 11/07/1948.

Xulgado na Coruña nun consello de guerra en marzo de 1949 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 296/48, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Nesta causa había outros 45 procesados.

O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Internárono na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria).

Saíu en liberdade condicional en outubro de 1959 e instalouse na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha