← Volver atrás

López Esperón, Manuel

Alcume: Manolo Campañó
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Pedro de Campañó, Pontevedra
(Pontevedra)
- 12/07/1924 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/2021 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 12 anos. Estudante de Maxisterio.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Encarcerado.

Despois do alzamento militar ingresou no PCE a primeiros dos anos corenta. Membro do Comité Local, do Intercomarcal e do Provincial do PCE. Secretario de axitación e propaganda e, logo, de organización.

Actuou como enlace da guerrilla antifranquista contactando con Julio Bazarra Constenla.

A primeiros de xuño de 1948 prendérono en Vigo (Pontevedra), onde tentaba organizar o PCE, momento no que cae a organización comunista na provincia de Pontevedra.

Nesta acción detiveron a: Carlos Crespo Alfaya, mestre; Jesús Carrera Barreiro; Severino Domínguez Rey, mariñeiro; Manuel López Esperón, mestre, e Gonzalo Velasco.

Xulgado en consello de guerra en Vigo o día 31/03/1949 por actividades subversivas, na causa 259/48, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión e accesorias de suspensión de todo cargo público, profesión ou oficio e dereito de sufraxio.

Ingresado na cadea de El Dueso, en Santoña (Cantabria).

Saíu en liberdade vixiada en agosto de 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha