Nacemento:
Morte:
Chofer, 25 anos. Veciño de Barbadás. Irmán de Juan Fernández Canal, fuxido.
Fuxido. Axustizado.
A raíz do golpe militar detivérono os rebeldes.
Xulgado en consello de guerra en Ourense, o día 29/06/1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento.
Sofre un expediente de incautación dos seus bens.
Xulgado en consello de guerra en Ourense na causa 705/39.
No verán de 1942 participou na reconstrución do Comité Provincial do PCE en Ourense, no que o designaron encargado das relacións cos fuxidos e logo secretario xeral.
Despois da caída de moitos militantes do PCE de Ourense, en 1945 agochouse na casa de Amadeo Carnicero, onde contou coa colaboración do fillo de Amadeo, Manuel Carnicero, de 15 anos.
Procesado na Coruña na causa 75/46 con moitas outras persoas.
Xulgado en consello de guerra en Lugo por actividades políticas na causa 160/47.
Entre outras persoas procesaron neste caso a: Teófilo Fernández Canal e Antonio Santos Viana.
Teófilo era lugartenente de Víctor García García, co que o condenou a propia organización comunista e depuráronos en abril de 1948. Semella que os executou Eugenio Rueda Perosanz, despois de recibir a autorización para tal execución do Comité Central do PCE.
Tamén existe a crenza de que a execución se baseou en que Teófilo era o amante de Josefa González Cudeiro, compañeira de Antonio Seoane Sánchez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.