Nacemento:
Morte:
Contable, 27 anos. Casado con Angelina Fernández Roces, Gelina, represaliada; tiveron un fillo: Víctor. Veciños de Oviedo (Principado de Asturias). Emigrou coa súa familia a Brasil en 1924 e despois de telo encarcerado pola súa militancia comunista, desterrárono en novembro de 1933 e volveu a España.
Participou no Principado de Asturias, onde era secretario da Xuventude Comunista e militante da UXT, na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 que o levou á cadea; pasou por varios cárceres e saíu en liberdade o día 18/01/1936.
Fuxido. Exiliado. Axustizado.
Na guerra civil acada o grao de comisario nas Brigadas Internacionais e loitou na Fronte Norte, en Cataluña e en Aragón. Polos seus méritos en combate os mandos republicanos crearon o 208º Batallón Víctor, 1ª Brigada Mixta, 1ª División do III Corpo de Exército de Asturias, que el mesmo dirixiu. Rematada a guerra pasou á clandestinidade.
En 1939 está en Porto (Portugal), onde o enviaran pola súa nacionalidade brasileira e converteuse no delegado da III Internacional Socialista para España e Portugal, coa misión de refacer os grupos comunistas galegos e organizar os enlaces e apoios, sobre todo na zona da Raia Seca (sobre todo en Castro Laboreiro), para a saída a través da península de aliados derrubados sobre Francia. Entra en contacto con grupos de fuxitivos asturianos, en particular con Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.
En 1943 o PCE envíao a Vigo (Pontevedra) como secretario xeral da Sección Galega do partido, onde participa na estruturación dos comités da Unión Nacional Española (UNE), coa intención de manter contactos para establecer un potente movemento guerrilleiro.
En Portugal, José Fernández González, Rizo, e José Fernández Alonso, Gres, serviron de base para a supervivencia da guerrilla encabezada por Víctor García García, o Brasileiro, e os lugueses José Rodríguez Páramo, Páramo, Secretario, Pepe Dente de Ouro, e Ramón Yáñez Pereira, Enrique, Médico, antigo policía da Generalitat catalá.
En 1944 era membro do Comité Rexional do PCE en Vigo e contaba con comités na Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense, que sufriron varias desfeitas pola acción policial. Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o R ubio, e Víctor García foron os máximos dirixentes do PCE en Galicia entre a primavera de 1945 e a de 1946. Tiveron enfrontamentos entre eles porque Víctor, que dirixía a parte sur de Galicia, enfrontábase a dirección do partido, pero non conseguiu resultados positivos.
Prendérono os franquistas en 1945 pero foi quen de fuxir.
En xaneiro de 1947 Gafas tentou arranxar a ruptura entre a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e o Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); xa o tentara máis veces e unha vez máis fracasou. Na reunión de Meira (Lugo) encontráronse membros da FG e do EGG, que desde que chegara José Gómez Gayoso, dominaban os comunistas. Alí se citaron Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, e Manuel Castro Tellado, pola FG, con Víctor García García, Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, e Enriqueta Otero Blanco, comunistas; non acadaron a unión pero decidiron seguir negociando.
Por diferencias cos pensamentos do PCE, despois do desastre do Val de Arán de outubro de 1944, que decidiu a eliminación dos monzonistas, e do intento de converter as organizacións clandestinas en grupos do PCE, excluírono do partido por orde de Santiago-José Carrillo Solares, que o “premiou” coa orde de eliminación.
Nunha circular do partido en Galicia que dirixían José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, de agosto de 1946, escríbese: “la lucha contra García y su grupo, su liquidación política y física es nuestra principal preocupación. Nosotros pensamos estar en vía de liquidarlo rápidamente...”.
En agosto de 1947 requiriuno o Xulgado Militar de Vigo como encartado na causa 271/47.
Na máis pura tradición de Iosif Stalin, a Víctor García e a Teófilo Fernández Canal, que era o seu lugartenente, depuráronos os seus propios compañeiros en abril de 1948: seguramente fora Eugenio Rueda Perosanz, despois de que o Comité Central do PCE autorizara que se rematara coa súa vida. Rueda Perosanz pasou a ser logo un dos homes de confianza de Gómez Gayoso.
Acusáronos de "desviacionistas", infiltrados e traidores cando non de atracadores; acusacións falsas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.