← Volver atrás

Yáñez Pereira, Ramón

Alcume: Enrique, o Médico
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caseta de Ansemil, Santa María de Ansemil, Celanova
(Ourense)
- 13/07/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Policía, 34 anos. Veciño de Barcelona. Durante a II República era policía en Barcelona, traballaba para a Generalitat.

Fuxido. Exiliado. Morte en enfrontamento.

Antes da ocupación de Barcelona polas tropas franquistas, fuxiu a Francia a finais de decembro de 1938. Despois volveu a Monforte de Lemos e logo trasladouse a Ribadavia (Ourense), onde traballou como recadador da contribución ata xullo de 1940.

Foxe cando o ían deter as forzas de policía españolas e marchou cara Portugal, instalándose en Castro Laboeiro, Viana do Castelo. En Portugal, José Fernández González, Rizo, e José Fernández Alonso, Gres, serviron de base para a supervivencia da guerrilla encabezada por Víctor García García, o Brasileiro, e os lugueses José Rodríguez Páramo, Páramo, Secretario, Pepe Dente de Ouro, e Ramón Yáñez Pereira, Enrique, Médico.

Formou parte deste grupo guerrilleiro antifranquista, que capitaneaba José Rodríguez Páramo xunto coa súa compañeira Rosa Alves, a Africana.

Xulgado en consello de guerra en Ourense na causa 335/43.

Finou eliminado pola policía represora en Caseta de Ansemil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha