Nacemento:
Morte:
Mestra, 26 anos. Veciña de Madrid. Fundou unha compañía de teatro. Estudou Maxisterio na Escola NOrmal de Mestras de Lugo e no ano 1932 estrou no Corpo de Mestras. Profesora na escola de San Pedro de Barreiros; no ano 1934 destinárona a Madrid ao Colexio Nacional de Sordomudos, onde a pilla a guerra civil.
Feminista, activista do PCE madrileño e militante de FETE-UXT.
Encarcerada.
Secretaria de Dolores Ibárruri Gómez durante a Guerra Civil Española. Alistouse na 10ª Brigada Mixta, que pasou por varias divisións e corpos de Exército; tamén foi coordinadora e directora do Hospital de Carabanchel. Organizou a saída de nenos de Madrid cara as colonias escolares para evitarlles o sufrimento dos continuos bombardeos franquistas sobre a capital. Participou na creación das Milicias da Cultura e foi miliciana na defensa de Madrid ,a Brigada Móbil de Choque da 46ª División.
Organizou a saída de nenos de Madrid cara as colonias escolares para evitarlles o sufrimento dos continuos bombardeos. Participouna creación das Milicias da Cultura e foi miliciana na defensa de Madrid na Brigada Móbil de Choque da 46ª División.
Cando se produce o golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López, confinárona na cadea madrileña de Ventas, de onde foxe con outras presas o día anterior á caída de Madrid nas mans dos rebeldes.
Marcha en 1940 cara Lugo, agochouse en varias localidade e, en 1941, instalouse en Lugo. Participa na reestruturación do PCE e foi responsable de finanzas.
Despois participou na organización da resistencia en Galicia, formando e coincidindo con Benigno Andrade García, Foucellas; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; Julio Nieto López, Chevol, Nardo; Ramón Vivero Geada, Novolitos, e José Vicente Rodríguez. No Comité Provincial do PCE en Lugo colaborou con Julio Nieto López e con Emilio Golás Rodríguez, o Villa.
O día 14/02/1946, por mor dunha filtración á policía franquista, detivérona nunha emboscada en Lugo, con Julio Nieto e Ramón Vivero, entre outras persoas; a Enriqueta ferírona nesta redada. Emilio Golás, despois desta acción fuxiu ao monte. Mentres estivo presa en Lugo torturárona ata esnaquizarlle o corpo.
Xulgada en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 10/08/1946 e outra pena de catro anos por atentado contra axentes da autoridade. Pena de morte conmutada logo pola de cadea perpetua. Nesta causa procesaron a 64 persoas.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.
Unha campaña internacional fixo que se lle conmutase a pena pola de 30 anos de prisión.
En xaneiro de 1947 Gafas tentou arranxar a ruptura entre a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e o Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); xa o tentara máis veces e unha vez máis fracasou. Na reunión de Meira (Lugo) reuníronse membros da FG e do EGG, que desde que chegara José Gómez Gayoso, dominaban os comunistas. Alí se citaron Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, e Manuel Castro Tellado pola FG, con Víctor García García, Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, e Enriqueta Otero Blanco, comunistas; non acadaron a unión pero decidiron seguir negociando.
Pasou 19 anos en diversos cárceres españois (Amorebieta, Segovia, Guadalaxara e Alcalá de Henares), de 1946 a 1965.
No ano 1966 puxérona en liberdade e rehabilitárono como mestra un ano antes de xubilarse; exerceu este último ano na escola de Sancti Spíritus de Fontarón, Becerreá (Lugo).
Consegue a rehabilitación como mestra no ano 1974.
Faleceu por un problema renal no Hospital de San José, en Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.