Nacemento:
Morte:
Labrego e granxeiro, 34 anos. Solteiro. Veciño das Bustaregas.
Encarcerado. Fuxido. Encarcerado.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 05/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión o día 28/11/1936, na causa 603/36, co resultado de sentenza a 16 anos de reclusión temporal segundo resolución do día 02/12/1936.
Enxuizárono con Teodoro López Rodríguez.
Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Ábreselle un expediente por responsabilidades políticas en xuño de 1937.
Colaborou como enlace da guerrilla do Piloto e, unha vez que o descubriron, tivo que fuxir ao monte.
Incorporouse á III Agrupación luguesa do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba José-Luis Castro Veiga, o Piloto, ben entrada a década dos corenta. Con el incorporáronse Gregorio-Adolfo Cenitagoya González, José Pardo Rodríguez, Julián Mateo Vázquez e Julio Fernández Rodríguez.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña, o día 18/07/1946, polo delito de rebelión militar na causa 75/46.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.
Xulgado en consello de guerra en Lugo, o día 06/02/1948, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a prisión temporal.
Neste consello de guerra xulgaron, entre outras persoas, a: Pedro Rodríguez Gómez Manuel Rábade Rodríguez, labrego; Maximino Rodríguez Pérez, labrego, e José Santiago Temprano, carpinteiro.
Preso na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 147/52, co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 18/08/1952.
Procesárono por responsabilidades políticas en Lugo e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.