← Volver atrás

Urquiola Iglesias, José-María

Alcume: Chema, Pepe, Tino
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Mieres
(Principado de Asturias)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Oviedo
(Principado de Asturias)
- 25/11/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico, 29 anos. Casado.

Militante importante do PCE.

Encarcerado.

No ano 1942 participou na reorganización do PCE no Principado de Asturias.

Nese mesmo 1942 contactou con guerrilleiros ourensáns. En xuño de 1943 foi o encargado de convencer aos guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) para que se uniran a Unión Nacional Española (UNE) no Congreso de Ferradillo (León), unión que nun principio se rexeitou, e tentou o control da guerrilla polos comunistas. Entrou en contacto con eles a través do apoio do inglés, Alexander Easton. En setembro, no III Congreso da FG, prodúcese a dita adhesión.

Cando Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, quixo ampliar o control da FG ás provincias da Coruña e Lugo no ano 1944, non deu resultado e A Coruña, Lugo e Ourense occidental quedaron baixo a influenza do comunista Urquiola Iglesias.

En 1944 tamén representou ao Comité Central do PCE en Lugo, formou os comités provinciais comunistas de Lugo, Ourense e Pontevedra e o Comité Rexional de Galicia.

Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, en Abegondo (A Coruña), á que acudiron Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros. Nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

En 1944 procesárono, na causa 390/44, do Xulgado Militar Especial de Oviedo (Principado de Asturias) por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado. Declarárono fuxido e en rebeldía.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Severino González Guitián, 33 anos, carabineiro; José-María Urquiola Iglesias, do PCE, e Antonio Paleo Saavedra, 17 anos, mariñeiro.

A Urquiola Iglesias arrestárono en Ourense o día 07/01/1945 con panfletos da UNE na súa gabardina e trasladárono á Dirección Xeral de Seguridade en Madrid. Cando se decataron que era un peixe gordo sometérono a "hábiles interrogatorios". Logrou fuxir e volveu a Galicia (algúns sospeitaron que como topo, sospeita non demostrada); asistiu ao II Congreso da FG e logo volveu a Madrid onde o volveron prender no mesmo ano 1945.

A raíz disto caeron varios militantes de Ourense, Pontevedra, Lugo. Como consecuencia das súas declaracións caeron 79 persoas entre Ferrol (A Coruña) e a provincia de Lugo o que provocou unha desfeita no PCE. Despois da detención de Urquiola, José-María Díaz Pan, Jaime, botouse ao monte.

Internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 18/03/1946 e trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 26/03/1946.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de condena á pena de morte segundo resolución do 10/08/1946. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Enriqueta Otero Blanco, José-María Urquiola Iglesias e Ramón Vivero Geada. Tamén procesaron, entre outras moitas persoas, a: César Alonso Álvarez, Francisco Alvaredo Rodríguez, Guillermo Arenas Casal, Gaspar-Antonio Castro López, Genaro Fernández Ares, Gerardo López Chas, Julio Nieto López, Manuel Rábade Rodríguez, Antonio Rodríguez González, Maximino Rodríguez Pérez e José Santiago Temprano.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.