← Volver atrás

Allegue Allegue, Adolfo-Cipriano

Alcume: Riqueche, Cuco
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Pallara, San Pedro de Grandal, Vilarmaior
(A Coruña)
- 10/03/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero
(A Coruña)
- 31/10/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 17 anos. Veciño de Vilarmaior. Fillo de Francisco Allegue, agochado catro anos (+1950), e de Antonia Allegue, á que mallaron para que descubrira ao seu home. Cando o seu fillo se integrou na guerrilla desterraron ao matrimonio a Villamuriel de Cerrato (Palencia).

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Na guerra civil evadiuse do exército golpista cara as liñas republicanas.

Ramón Rivera, falanxista e fillo do alcalde de Vilarmaior, o tamén falanxista Antonio Riveira Ponte, Riveiriña, fora quen denunciara ao pai de Riqueche.

Riqueche pasou polo cárcere de 1941 a 1943.

Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, Abegondo (A Coruña) á que acudiron: Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros; nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

En 1946 ingresou no PCE e actuou como enlace da guerrilla. A finais de 1945, coa chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, Vicente Peña Terrassa pasou a formar parte do Comité Provincial da Coruña do PCE, con Benigno Fraga Pita, Alejandro; Avelino Rivas Pombo, Edelmiro. Nesta organización tamén figuraban Baldomero Lage Guerra, Diego Romero Jiménez, Segundo Vilaboy Martínez e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, Caravana. Tamén se atopaban Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Paz Fornos.

Comisario político do Destacamento Segundo Vilaboy, en Lugo,que comandaba o cenetista Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo.

Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Gregorio Doñate Martínez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.

Acusárono do atentado contra Esteban Cortizas Vilar, Bailarín, o 22/01/1946. Realmente o atentado cometérono José Vázquez Mauriz, Patitas; Jesús López Ardao, o de Someiro, e Manuel Rodríguez Pérez, Galán.

O día 23/04/1947, ao outro día da morte en Fontao de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, o grupo de Riqueche axustizou ao alcalde de Vilarmaior, o falanxista Antonio Riveira Ponte, Riveiriña.

Riqueche foi dos moitos guerrilleiros que fixo noites na casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia, na Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), onde no ano 1948 estableceron unha base.

Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.

No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.

En 1948 botouse ao monte e foi o líder do Destacamento Arturo Cortizas, da IV Agrupación do EGG, que actuaba no norte da provincia da Coruña.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.

Juan González Martínez, Perucho, membro deste destacamento, semella ser que asasinou, nun atraco en Doroña, a Pedro Maceira Varela, contra do parecer do propio Riqueche. González Vidal considera que a Perucho executárono os seus compañeiros por traizón.

Amelia-Antonia Abeledo Cortizas, que rexentaba unha farmacia en Monfero, e o seu home Manuel-María Doval Varela, oficial do concello de Monfero, morreron os dous no seu domicilio do Xestal o 09/10/1948 a mans do Destacamento Arturo Cortizas.

En 1949 o grupo atenta contra o alcalde de Mugardos Manuel Vázquez Fariña que resulta ileso; no atentado morre o garda do peirao de Mugardos e falanxista, Arsenio Muñiz Fernández, de 40 anos. Nesta acción participan Riqueche e Pancho.

En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero.

Segundo González Vidal, Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, fixo os disparos que acabaron coa vida do tenente José Torres Santiso, en Neda (A Coruña) o día 21/02/1949, actuando con Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e con Francisco Martínez Leira, Pancho.

En Ferrol encartárano na causa 1/48 por atraco, na causa 126/49 por incendio, na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31/05/1949 e na causa 382/49 por agresión á forza armada.

Riqueche finou en Pazos, cando se acubillaba, con seis compañeiros, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela, ao que pretendían cobrar unha multa de 25.000 pesetas. Con el tamén morreron Antonio López Arias, Canín; José Chao Rouco, o Benita; José Temblás Paz, Temblás; Juan Freire Barcia; Rogelio Alonso Corral e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón, (primeiro identificado como Juan Gabeiras Barro, Picovello), nun enfrontamento coa Garda Civil o día 31/10/1949. Deste enfrontamento consegue fuxir con vida Benigno Andrade García, Foucellas.

Adolfo foi o primeiro en morrer; os seus compañeiros, antes de que finaran, deixaron saír á xente da casa.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio do mosteiro de Santa María de Monfero.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.