Nacemento:
Morte:
Tiña 17 anos. Traballou nunha fábrica de gasosas.
Militante da CNT e da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Prendérono axentes da Brigada Social na Coruña o día 16/09/1942.
Enlace da guerrilla, foxe diante da caída da organización do PCE na bisbarra de Ferrol (A Coruña) en febreiro de 1945. Cando caeu a organización libertaria de Ferrol uniuse ao grupo de Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, quen morrería nun enfrontamento tamén.
Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
Morto o Neira, integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e foi comandante do Destacamento Segundo Vilaboy, que tiña como comisario político ao comunista Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e responsable en Lugo a Gregorio Doñate Martínez.
Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Gregorio Doñate Martínez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro.
Procesárono diante do Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) na causa 351/46 e na causa 515/46 por atraco a man armada (declarárono fuxido nos dous casos).
Tamén o xulgaron en consello de guerra en Ferrol polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 377/47.
Neste expediente procesaron a Gregorio Dopico Fernández e a Nicolás Rodríguez Pereira; para este último ditaron sentenza de sobresemento por morte anterior.
Morto por disparos da Garda Civil, o día 30/07/1947, nunha canteira do monte Reboredo, que bordea a estrada a Lavandeira, xunto con Nicolás Rodríguez Pereira, Colás, logo dunha denuncia. Aniquilados nun enfrontamento con forzas represivas moi superiores en número. Feriron ao número da Garda Civil Félix Portugal.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.