Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 27 anos. Compañeiro de Antonia Fernández Fernández. Veciños de Covas. Irmán de Carmen Iglesias Escourido, encarcerada; Concepción Iglesias Escourido, encarcerada; Francisco Iglesias Escourido, encarcerado; Josefa Iglesias Escourido, encarcerada; Manuel Iglesias Escourido, encarcerado, e Modesto Iglesias Escourido, encarcerado.
Militante da CNT.
Fuxido. Encarcerado.
Foxe ao monte no ano 1936 despois do alzamento militar sedicioso.
Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados.
Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.
O día 24/06/1937 participou en Viveiro no fracasado intento de asalto da tarrafa Nuestra Señora de los Dolores co obxectivo de fuxir á zona republicana.
Participaron nesta tentativa, entre outros, os veciños de Viveiro: Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; o seu irmán Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula; Jesús-María Iglesias Escourido e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Tamén tomou parte o veciño de Celeiro (Lugo) Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (asalto dunha tarrafa por parte duns fuxidos) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
En 1942 ingresa no PCE e convertese en responsable dun pequeno destacamento especialista en accións de propaganda pero que rexeita o enfrontamento armado.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polos asasinatos de José Fortunez Beceiro e José Mosquera Carro na causa 531/42.
Procesaron por estes axustizamentos, entre outras moitas persoas, a: Eugenio Bernal Pérez, Francisco Gómez Núñez, Jesús-María Iglesias Escourido, Josefa Iglesias Escourido, María Montouto Bastida, José Neira Fernández, Demófilo Pedreira Rumbo e Antonio Polo Iglesias.
Tamén pertenceu á Partida de Curuxás de Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.
Por este grupo pasaron, entre outras persoas: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.
En 1946, pensando que a loita armada é unha provocación inútil, resístese coas armas na man a dous axentes de enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lle piden elevar o nivel da loita, defendendo el que a loita armada era “provocar inutilmente”.
En decembro de 1946 a moitos guerrilleiros da rexión evacuáronos cara Francia.
O día 01/02/1946 deixa Valero con cinco compañeiros (entre eles Benedicto Fuentes Díaz e Francisco Gómez Núñez) para ir a Palas de Rei (Lugo); ao medio día, despois dun encontro fortuíto coa Garda Civil, ferírono e Benedicto Fuentes falece.
Despois da morte de José Vázquez Gómez, Ubaldo, en novembro de 1947, no mes de decembro prodúcese unha reorganización en dous grupos guerrilleiros. Un destes grupos dirixiuno Jesús-María Iglesias e con el estaban Leonardo Gómez Pérez, Trancas; José Balea e Venancio Seoane Bouso, responsable político. O outro grupo pasou a dirixilo José Temblás Paz, Temblás.
Rendeuse á Garda Civil de Viveiro en agosto de 1951 e condenárono a 20 anos de prisión.
Ao ser liberado abriu o Bar Tizón en Viveiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.