Nacemento:
Morte:
Mineiro e sindicalista, 21 anos. Veciño de Lousame.
Anarquista asturiano. Pertencía ao Sindicato de Mineiros e Profesións Varias das Minas de San Fins, en Lousame.
Paseado.
Cando se produce o golpe militar marchou cos mineiros de Lousame cara Santiago de Compostela (A Coruña) e despois á capital provincial para facer fronte aos golpistas. Agochado no monte desde 1936.
Acusado con Perfecto-Félix Vilas Romero do asalto en Rois á casa de José Caamaño. Consegue fuxir da redada de Marcelle na que a Garda Civil rematou coa vida do seu compañeiro de fuxida Vilas Romero.
Formou parte da Partida de Curuxás, que dirixía Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.
Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero. Actuaron na zona de Lousame.
Despois dun roubo nas Minas de San Fins, o día 14/04/1937, tentaron pasar ao Principado de Asturias; ao non conseguilo volveron agocharse nos montes de Lousame.
Avelino comezou a emborracharse a a acosar sexualmente ás mulleres; reprendido polos compañeiros, non mellorou as súas actitudes e por non querer axustizalo a propia guerrilla, denunciárono á Garda Civil, que lle deu morte o 24 de abril nunha galería da Fiosa. A partida da Garda Civil que o asasinou dirixía o cabo José Ríos Peiteado.
Morte rexistrada en Lousame por mor de feridas producidas por arma de fogo.
O seu cadáver apareceu na Fiosa e soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Vilacoba.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.