← Volver atrás

Ríos Peiteado, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda Civil. Cabo da Benemérita.

Represor.

Por mor dunha delación, un comando da Garda Civil, dirixido polo cabo José Ríos Peiteado, achegouse ata Marselle, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña) e arrodearon a casa de María-Josefa Becerra Laíño (de 48 anos), onde se agochaba Perfecto-Félix Vilas Romero.

Perfecto tentou fuxir e abatérono a balazos. Velárono alí mesmo, no monte, pois non deixaron levantar o seu cadáver. Entre outras persoas, velárono María-Josefa, quen o agochara a noite anterior, e o irmán de Perfecto, Antonio Vilas Romero (de 18 anos).

O día 24 de febreiro, o día seguinte, os gardas civís que mandaba o mesmo Ríos Peiteado, volveron por Marselle e sacaron das súas casas a María-Josefa e a Antonio e paseáronos.

No mes de xuño de 1938, un grupo de gardas civís dirixidos por este cabo, deron morte a Jesús Godón Romero, quen fuxira ao monte para escapar da guerra civil.

En marzo de 1939 un grupo da Garda Civil que dirixía tamén o cabo Ríos e no que se incluía o garda de seguridade das minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, deron morte ao guerrilleiro Avelino Méndez Suárez, o Asturiano.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha