← Volver atrás

Vilas Romero, Perfecto-Félix

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Marselle, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame
(A Coruña)
- 23/06/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marselle
(A Coruña)
- 23/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 24 anos. Irmán de Antonio Vilas Romero, tamén paseado e fusilado, e de Secundino-Dionisio Vilas Romero, procesado.

Militante da CNT.

Paseado.

Xulgado na causa 233/38 por participar no atraco ao veciño de Rois José Caamaño con Avelino Méndez Suárez, o Asturiano.

Perfecto-Félix agochouse para non incorporarse a filas coa quinta de 1933. Houbo unha delación e un comando da Garda Civil, que dirixía o cabo José Ríos Peiteado, achegouse ata Marcelle e arrodearon a casa de María-Josefa Becerra Laíño (de 48 anos), onde se agochaba co Asturiano, que consegue fuxir.

Perfecto tentou escapar, abatérono a balazos e José Ríos rematouno a sangue fría. Velárono alí mesmo, no monte, pois non deixaron levantar o seu cadáver. Entre outras persoas, velárono María-Josefa, quen o agochara a noite anterior, e o irmán de Perfecto, Antonio Vilas Romero (de 18 anos). O día 24 de febreiro, o día seguinte, os gardas civís volveron por Marselle e sacaron das súas casas a María-Josefa e a Antonio e paseáronos.

Morte rexistrada nun piñeiral en Marselle, cando tentaba fuxir do acoso da Garda Civil, por mor de feridas producidas por arma de fogo.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Santa Eulalia de Vilacova.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha