← Volver atrás

Gómez Pérez, Leonardo

Alcume: Trancas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Rego da Pena, Ponte, Santiago de Bravos, Ourol
(Lugo)
- 16/09/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 22 anos. Compañeiro de Carmen Pigueiras Piñón; tiña un fillo, José López Varela, dunha parella anterior. Desenvolvía o seu traballo en Viveiro (Lugo).

Militante da CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ingresou nas milicias republicanas en novembro de 1936.

Formou parte do Grupo Neira, que dirixía José Neira Fernández, o Neira, grupo que se formou no verán de 1936 e no que se integraban varios republicanos que fuxiran ao monte para escapar da represión dos sublevados. Trancas era un dos que máis sona tiña neste grupo.

Na partida de José Neira estiveron: Juan Barcia Ferreiro, o Rato; Eugenio Bernal Pérez; Evaristo Candelas Pérez, o Evaristo, Ángel Franco; Amando Carro Pérez; Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo; Ceferino Fernández Formoso e o seu irmán José Fernández Formoso; José-Antonio Franco Basanta, o Caudillo, o Manchego; os irmáns Alberto Franco Lamela, Manuel Franco Lamela, Remigio Franco Lamela e Teodoro Franco Lamela; Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Eusebio González Pedreira, Juan, Juanito Amá; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Jesús Iglesias Vázquez, o Muros, o Pichel; Vicente Lage Fernández, o Chicharro; Jesús Lavandeira Pérez, Ladrillo, Dapena; Antonio Molíns Valls, o Noi, o Catalán; Amandino Neira Fernández; José Neira Fernández, o Neira; Antonio Paleo Saavedra; Demófilo Pedreira Rumbo, Nene; Francisco Pintado Pérez; Plácido Rivera Cociña, Plácido; Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, Valentín, Asturiano, Chispas, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 531/42 polos asasinatos de José Fortunez Beceiro e José Mosquera Carro.

O día 17/02/1943 escapou con Antonio Molíns Valls, o Noi, dunha celada da Garda Civil no domicilio de María Montouto Bastida; despois prenderon a Eugenio Bernal Pérez.

No ano 1945 era xefe militar do grupo na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) con varias accións na zona de Viveiro; neste grupo integrárase Plácido Rivera Cociña, Plácido.

Formou parte da Partida de Curuxás, comandada por Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.

Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.

Xefe militar do Destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do EGG, procedía da III Agrupación luguesa.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.

Formou parte da organización da evasión do Santa Teresa; no último momento non quixo evadirse, como tampouco o fixo José Temblás Paz, Temblás. Eran os responsables do PCE no norte de Lugo. O ser responsable da agrupación e a influencia da súa compañeira e de Temblás fixo que non fuxira como tiña pensado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo na causa 104/45 por atraco e na causa 386/45 por atraco a man armada; nas dúas declarárono fuxido e en rebeldía

Despois da morte de José Vázquez Gómez, Ubaldo, en novembro de 1947, no mes de decembro prodúcese unha reorganización en dous grupos guerrilleiros. Un destes grupos dirixiuno Jesús-María Iglesias Escourido, o Tizón, e con el atopánbanse Trancas, José Balea e Venancio Seoane Bouso, responsable político.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de incendio dunha casa, na causa 429/48, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Abatido pola Garda Civil o día 16/09/1948 nun enfrontamento no Rego da Pena, onde dicían que tiña unha compañeira, Carmen, que xa o salvara noutra emboscada onde resultara ferido de dous balazos; esta compañeira arrastrárao para poñelo a salvo. Un veciño deste lugar, que era colaborador da Garda Civil, comunicoulle aos gardas que Trancas ía volver ese día 16 de setembro para cobrarlle unha multa que lle tiña posto por delator. Os gardas civís cercaron a aldea e a Leonardo cribárono a balazos á súa chegada, nunha emboscada. Por mor das fotos que lle atoparon detiveron a varios familiares e enlaces.

Á súa muller prendérona ese mesmo día en Vilabuín, San Pedro de Miñotos, Ourol.

Leonardo levaba dez anos na loita antifranquista e coñeceuse como o Foucellas de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.