Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 25 anos. Veciño do Seixo, Franza. Operario das barcazas e gabarras que transportaban material de construción cara Ferrol (A Coruña).
Durante a II República militaba no Partido Galeguista (PG), na que ocupou a secretaría de organización na súa localidade. Militante da UXT. Da Irmandade Galeguista de Franza.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Axustizado.
Viuse obrigado á clandestinidade despois de facer fronte aos golpistas en Mugardos e logo do triunfo dos franquistas, permanecendo agochado nos montes de Trasancos desde 1936.
O día 21/07/1939 toma o camiño do exilio francés desde Ares (A Coruña), con outros 26 antifranquistas, no bou Ramón. Son xente de Ferrol, Narón, Ares e Mugardos, que reduciron á tripulación do barco facéndose pasar por gardas civís.
O día 21 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.
No bou Ramón escaparon 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.
A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.
Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.
En Francia confinárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer.
O día 11/01/1941 entregouno a Gestapo alemá (policía secreta nazi) aos franquistas.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 10/07/1945 polo delito de rebelión militar, na causa 2134/39 (fuxida do bou Ramón), co resultado de sentenza a 17 anos e un día de prisión.
No dito proceso condenaron a 17 anos e un día de cadea a: Manuel Gómez Varela e Marcelino Lara Viñas; a dous anos e un día a María Pazos Vázquez; absolveron a Dolores Seijas Montero. O auto declarou fuxidos a: Manuel Barreiro Montero, Benito Feijoo Seguín, José Fuentes Justo, Manuel Fuentes Justo, Miguel Leira Fernández, José Montero Fernández, Juan-José Rodríguez Díaz e José Sequeiro Ares.
Pasou cinco anos na cadea. Preso en Xirona e no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Ao saír en liberdade en 1947 contacta con Juan-José Romero Ramos, compañeiro do PG, ao que puxo en relación coa guerrilla.
Enlace e correo da guerrilla ata que o descobren e se ve na obriga a subir ao monte, integrándose en febreiro de 1948 no Destacamento Arturo Cortizas, que dirixía Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
En agosto de 1952 axustizárono os seus compañeiros nas fragas do Eume; fusilárono por provocador, vacilante e desertor. Unha etapa breve marcada por un proceso de conflitos e depuracións na guerrilla, seguindo instrucións do PCE, que lideraba Santiago-José Carrillo Solares.
Segundo Bernardo Máiz hai novas de actuacións súas ata 1952, sospeitándose que morreu no monte cara esas datas e que o soterraron na Seaña, San Vicente de Meá, Mugardos.
Á súa nai desterrárona a Iscar (Valladolid) de 1942 a 1957.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.