← Volver atrás

Abella Beade, Luis

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Landoi, Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)

Biografía

Camareiro e sindicalista, 36 anos.

Anarquista, vencellado á Federación Anarquista Ibérica (FAI). Militante da Sociedade de Camareiros e Cociñeiros La Paz, de Ferrol, desde 1920. Destaca desde 1930 como un dos cadros máis activos da CNT de Ferrol. En 1931 impulsa a creación da Federación de Sindicatos Únicos de Ferrol e a súa Comarca, na que chega a ocupar a secretaría.

Detido en varias ocasións por participar en folgas e sabotaxes. No ano 1934 apresárono polo intento de distribución de bombas.

Fuxido. Exiliado.

En xullo de 1936 participa na loita nas rúas de Ferrol (A Coruña) enfrontándose, xunto con militares da esquerda, contra as tropas sublevadas contra da República.

O 23 de maio de 1937 mantivo, con Moisés Lago Lorenzo, un enfrontamento armado coa forza pública nunha casa de Xuvia, Narón (A Coruña), onde se agochaban.

Agochado ata o 21 de xullo de 1939, nesa noite, a unha da mañá, foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron no porto de La Pallice (La Rochelle, Charente Marítimo, Francia), onde aportaron o día 23 de xullo. Aos 27 fuxidos conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Viviu en Paría ata a súa morte.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández, (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.