← Volver atrás

Casteleiro Feal, Cipriano-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Barallobre, Fene
(A Coruña)
- 12/04/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barallobre
- 01/10/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 23 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada desde os 16 anos, cabo de artillería. Enrolado na dotación do cruceiro Blas de Lezo cando se afundiu, no ano 1932, fronte ao faro de Fisterra sen que ningún mariñeiro resultase con danos.

Militante da CNT.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Preso dos fascistas, foi un dos poucos, ou o único, que conseguiu fuxir con vida do buque prisión Plus Ultra, fondeado como buque prisión na ría de Ferrol e chegou a nado a Barallobre en pleno inverno; escapou mentres agardaba para que o xulgaran. Permaneceu agochado en Barallobre tres anos.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Despois de varios intentos de fuga, conseguiu escapar a Francia no bou Ramón.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Ingresou no campo de refuxiados de Bram, en Francia. Traballou como leñador no país veciño cos seus compañeiros de fuga, Manuel Raposo Peña e Rogelio Leal López.

Despois de pasar por Brasil, instálase en Uruguai no ano 1943, onde vive 40 anos.

Regresou de xeito definitivo a Barallobre no ano 1980.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.