← Volver atrás

Pérez Mayobre, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado

Nacemento:

San Pedro de Cervás, Ares
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 25 anos. Veciño de Cervás. Irmán de Basilio Pérez Mayobre, fuxido no bou Ramón; José-María axudou coa achega de roupas militares para que os fuxidos non levantaran sospeitas. Mariño da Armada, mariñeiro do transporte lixeiro Contramaestre Casado.

Fuxido. Procesado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polos delitos de rebelión, sedición e “inutilización” (sucesos que ocorreron no Contramaestre Casado cando a tripulación se sumou á tripulación do acoirazado España para facer fronte aos rebeldes) co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posta en liberdade.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Julio Álvarez Doval, 23 anos, enfermeiro; Manuel Álvarez Porto, 36 anos, fogueiro; Julio Catalá Jaso, 26 anos, 3º maquinista; Enrique Gámez Criado, 30 anos, 2º auxiliar naval; José-Francisco-Nicolás Leira Piñeiro, 23 anos, fogueiro; Nicolás Noche Pérez, 27 anos, maquinista; Juan Pernas Fernández, 35 anos, maquinista; Daniel Sueiras Brage, 25 anos, mariñeiro e José Vázquez Montero, 38 anos, auxiliar naval. Tamén condenaron á pena de morte, logo conmutada pola de cadea perpetua, a Antonio Pérez Vidal, 24 anos, fogueiro.

Castigaron a cadea perpetua a: Miguel Fernández Varela, 22 anos, mariñeiro; Luis Gómez Yáñez, 32 anos, mestre de mariñeiría; Manuel Loureiro Rodríguez, 29 anos, cabo de mariñeiría; José Maceiras García, 38 anos, mestre de mariñeiría; Julio Porto Vigo, 29 anos, auxiliar 2º; Antonio Rosas Cano, 25 anos, mariñeiro e Luis Santamaría Gómez, maquinista.

Penas de 20 anos de cadea para: Antonio Amigo Freire, 21 anos, mariñeiro e José-María Rodríguez Pedreira, 27 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenzas de 12 anos e un día para: os mariñeiros Miguel Carrero Pereira, 21 anos; Emilio-Cristino Conde Martínez, 22 anos; Isidoro García Pazos, 21 anos; José País Lapido, 21 anos; Joaquín Pérez Grova, 19 anos e Ramón Rodríguez Rodríguez, tamén 19 anos.

Ao mecánico José Mosquera Ogando declarárono fuxido e en rebeldía, igual que a Hipólito Bustamante Leal, cabo electricista.

Absolveron neste procedemento a: o capitán de corveta Manuel-Pastor Fernández Checa, 39 anos, e o tenente de navío José Sáenz de Cenzano Ponce de León, 31 anos; o mariñeiro escribinte Marcelino Flórez López, 24 anos; o mariñeiro tambor Manuel Mora Santiago e os mariñeiros Daniel Campano Ferro, 25 anos; Antonio Cordero Louzán, 27 anos (da dotación do Velasco); José-María Pérez Mayobre, 25 anos e Julio Vázquez González, 19 anos.

Procesado con posterioridade pola fuga do bou Ramón por achegar roupas militares aos fuxidos.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández, (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado conformábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.