← Volver atrás

Rincón Téllez, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Peón, 24 anos. Veciño da rúa Galiano, 37, en Ferrol, na fonda La Perla. De xeito oficial reside en Madrid. Ex-garda civil e obreiro temporal no Ministerio de Obras Públicas.

Encarcerado. Fuxido.

Xulgado en consello de guerra no Cuartel de Zapadores, en Ferrol, o día 11/08/1936, polo delito de traizón, na causa 182/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste consello militar condenaron á pena de morte a: Fernando Carballo Rodríguez, Manuel Morgado González del Valle, Juan Rincón Téllez e Antonio Santamaría López; castigaron a cadea perpetua a: Ventura Dios Lojo, José López Bouza, Miguel Mendiguchía RealFederico Pérez Lago, Adolfo Rodríguez Sánchez e Francisco del Río Barros.

No proceso exerceu de fiscal o auditor Hernán Martín-Barbadillo Pául, que pide a pena de morte para todos os procesados.

Preso no cárcere do Cuartel do Baluarte de Artillería de Ferrol, conseguiu fuxir a noite anterior á súa execución, coa colaboración de alguén de dentro da prisión, xunto co ex-alcalde ferrolán Antonio Santamaría López. Os dous estaban na espera da execución no día seguinte por mor dunha condena á pena de morte.

Ao escapar da prisión declarárono fuxido e en rebeldía.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández, (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.