← Volver atrás

Sequeiro Ares, José

Alcume: Meiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Moaña
(Pontevedra)

Morte:

Montauban
(Occitania, Francia)
- 01/01/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado en Ares con Josefa Yáñez, ama da casa e á que procesaron en 1936 e 1939. Veciños de Ares (A Coruña). Emigrara a Cuba.

Un dos fundadores da Agrupación Socialista (AS) de Ares en 1931. Síndico do concello nas corporacións de 1931 e de 1932. Concelleiro en Ares polo PSOE cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Ares de 1936, entre outras persoas, a: José López Lourido (ex-alcalde), asasinado polos sublevados; tamén aos fuxidos, como el, para o exilio, Benito Feijoo Seguín e Basilio Pérez Mayobre.

Fuxido. Exiliado.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández, (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado conformábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 10/07/1945 polo delito de rebelión militar, na causa 2134/39 (fuxida do bou Ramón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No dito proceso condenaron a 17 anos e un día de cadea a: Manuel Gómez Varela e Marcelino Lara Viñas; a dous anos e un día a María Pazos Vázquez; absolveron a Dolores Seijas Montero. O auto declarou fuxidos a: Manuel Barreiro Montero, Benito Feijoo Seguín, José Fuentes Justo, Manuel Fuentes Justo, Miguel Leira Fernández, José Montero Fernández, Juan-José Rodríguez Díaz e José Sequeiro Ares.

Chegou enfermo a Francia e faleceu no Hospital de Montauban no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.