← Volver atrás

Fuentes Justo, José

Alcume: Pitón
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Catabois, San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 03/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Churreiro, 26 anos. Veciño de Mugardos. Irmán de Manuel Fuentes Justo, que tamén fuxiu con el.

Fuxido. Executado.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, 24 anos, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 10/07/1945 polo delito de rebelión militar, na causa 2134/39 (fuxida do bou Ramón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No dito proceso condenaron a 17 anos e un día de cadea a: Manuel Gómez Varela e Marcelino Lara Viñas; a dous anos e un día a María Pazos Vázquez; absolveron a Dolores Seijas Montero. O auto declarou fuxidos a: Manuel Barreiro Montero, Benito Feijoo Seguín, José Fuentes Justo, Manuel Fuentes Justo, Miguel Leira Fernández, José Montero Fernández, Juan-José Rodríguez Díaz e José Sequeiro Ares.

Regresou a pé dende Francia co seu irmán Manuel, andou agochado.

O día 13/12/1948 morre o falanxista Arsenio Muñiz Fernández nun atentado de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e Francisco Martínez Leira, Pancho, contra o alcalde Manuel Vázquez Fariña, cando estaban nun bar de Mugardos. Vázquez Fariña foi quen de fuxir polo patio do local.

Como represalia os fascistas, o día 03/01/1949, asasinaron en Catabois a: José Fuentes Justo, Pitón, Florentino Iglesias Varela, Floro (cuñado de Pancho), Francisco Loureda Silvar, Pellejo, e Antonio-Francisco Martínez Ferro, Malayo, acusados de ser colaboradores da guerrilla e en aplicación da Lei de Fugas. Prendéranos uns días antes con estoutros comunistas mugardeses: Román Ferrer Fernández, Antopas; Juan Carnero Casal; Manuel Pérez Prados, Parga, e Manuel Bello Cartelle, Xilguero.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.