Nacemento:
Morte:
Obreiro, 19 anos. Casado con María Romero Ramos, desterrada e encarcerada. Irmán de Antonia Martínez Leira e de María Martínez Leira, encarceradas. Obreiro do Arsenal.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Participou na guerra civil nun batallón do Terzo do exército rebelde, tempo no que xa entrou en contacto cos fuxidos aos que lles levaba armas.
Despois da contenda española residiu en Mugardos (A Coruña) e traballou nos estaleiros da Bazán, comenzando a súa actividade antifascista na Unión Nacional Española (UNE), no Socorro Rojo Internacional (SRI) e máis tarde no PCE.
Para evitar a súa detención foxe ao monte a finais do ano 1947 e ingresou na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Incorporouse á guerrilla o día 22/01/1948, despois de que descubriran a súa participación na folga do aceite e o azucre na Bazán.
Foi un dos guerrilleiros que pasaron polo refuxio da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), construído preto da casa de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia.
Pasou logo ao Destacamento Arturo Cortizas que comandaba Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, onde se responsabilizou das transmisións.
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
No ano 1949 o grupo atenta contra o alcalde de Mugardos Manuel Vázquez Fariña que resulta ileso; no atentado morre o falanxista e garda de peiraos de Mugardos, Arsenio Muñiz Fernández, de 40 anos. Participan Riqueche e Pancho. Como represalia, o día 03/01/1949, asasinaron en Mugardos a José Fuentes Justo, Pitón; Florentino Iglesias Varela, Floro (cuñado de Francisco Martínez Leira, Pancho); Francisco Loureda Silvar, Pellejo, e Antonio-Francisco Martínez Ferro, Malayo, acusados de ser colaboradores da guerrilla.
Segundo González Vidal, Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, sería o autor dos tiros que remataron coa vida do tenente José Torres Santiso en Neda (A Coruña), o día 21/02/1949, actuando con Adolfo Allegue e Pancho.
Pertenceu ao Comité Rexional do PCE (1949-50). As consignas de José-Ricardo Sevil Sevil, chegado de Francia a finais de 1949, eran as de aplicar os acordos do Buró Político do PCE. Para reorganizar o Comité Rexional do PCE en Galicia, nomeou a Melchor Díaz, Pepito, secretario de organización; a Francisco Rey Balbís, Moncho, secretario de axitación e propaganda e a José Blanco Núñez, Ferreirín, encargado de prensa; delegado do sector de Ferrol foi Francisco Martínez Leira; delegado da Coruña José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista; de Vigo (Pontevedra) e Pontevedra, o Madrileño, e de Lugo e Ourense, Víctor, enviado desde Francia.
As construcións teóricas elaboradas en Francia non tiñan nada que ver coa realidade galega. As consignas eran reducir ao mínimo o número de guerrilleiros, traían cartos para acabar cos golpes económicos, suspender os axustizamentos e adicarse só á autodefensa.
Cando Francisco Rey Balbís, Moncho, marchou a Francia, Pancho converteuse no máximo dirixente da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de asasinato e intento de fuga, na causa 6/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) polo delito de atraco a man armada na causa 190/49. Tamén o encartaron na causa 201/49.
Nos primeiros meses de 1950 nomeárono delegado do Comité Rexional do partido para a bisbarra de Ferrol (A Coruña). Cando se produce a retirada da maioría dos dirixentes Pancho refugou a marcha, aínda coidando que había algún infiltrado.
En 1951, María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, que escapara a Francia con Moncho, volveu para convencelo de marchar cara aquel país, pero non o conseguiu. Convertérase por entón no máximo dirixente da IV Agrupación na ausencia de Moncho.
Despois da caída de Benigno Andrade García, Foucellas, o día 09/03/1952, quedou practicamente como o único guerrilleiro en activo en Galicia, mantendo unha grande mobilidade tanto propagandística como agresiva, cousa que asañou a súa persecución. Mantivo a actividade propagandística nos anos 1952-53-54.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol por atraco a man armada, na causa 80/53, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo condenaron a tres anos de prisión a María Romero Ramos. Tamén procesaron, entre outras persoas a Francisco Martínez Leira.
En 1954 sobrevive a unha redada da Garda Civil, na que o feriron e perdeu a multicopista Triunfo na que preparaba a propaganda.
Denunciado por un parente atraído pola recompensa, a Garda Civil cribouno a tiros o día 31/12/1954 na Mediña cando se preparaba para fuxir ao estranxeiro. As forzas da comandancia da Garda Civil de Ferrol, que o asasinaron, mandábaas Rafael Serrano Valls.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.