← Volver atrás

Serrano Valls, Rafael

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Dúrcal
(Granada)
- 15/12/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cádiz
- 09/04/2018 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 15 anos. Casou en Ordes (A Coruña) no ano 1946 con Blanca del Río Carballido; tiveron catro fillos: Rafael, Alberto, José-María e Jaime. Tenente da Garda Civil.

Represor.

Cando se produce o movemento golpista, con 15 anos, alístase nas Forzas Regulares Indíxenas de Tetuán, que mandaba o seu pai Alberto Serrano Montaner. No ano 1941 ascende a tenente provisorio.

No ano 1945 pasou á Garda Civil e destinárono como xefe de liña a Ordes, coa encomenda de limpar de guerrilleiros a zona, converténdose nun implacable represor. Propoñía ao gobernador civil da Coruña o desterro das familias como castigo, co fin de previr que calquera dos seus membros apoiase ou colaborase con parentes na guerrilla.

O día 21/04/1947 dirixiu o operativo represor que acabou coa vida de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, no Fontao, Santo Estevo de Abella, Frades (A Coruña).

Destinado á comandancia da Garda Civil en Ferrol (A Coruña), sería o responsable da eliminación de Francisco Martínez Leira, Pancho, o día 31/12/1954, en Santa María de Ombre, Pontedeume (A Coruña).

No mes de xuño de 1966 era o xefe do 40º Terzo da Garda Civil na Coruña. No ano 1979 promovérono ao grao de xeneral de brigada con destino en Logroño e Cádiz. En xaneiro de 1981 era xefe da 1ª Zona da Garda Civil en Madrid e estivo ao mando das forzas da Garda Civil, que arrodearon o Congreso no intento de golpe de Estado do 23/02/1981.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha